Manuel Abalo Lamas, coñecido como Franxeiro, nado en Vilagarcía de Arousa, foi un político galego.
Traxectoria Peón en Vilagarcía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937 con outros republicanos de Vilagarcía.El Diario de Pontevedra, 22-1-1937, p. 2. Houbo de repetirse o consello de guerra por "omisión dun dos trámites".El Diario de Pontevedra, 1-2-1937, p.2. Foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Saíu en liberdade provisional por conmutación da pena en agosto de 1939.
Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido