Franz Adolf Eduard Lüderitz, nado o 16 de xullo de 1834 en Bremen, e finado o 24 de outubro de 1886, foi un comerciante alemán, fundador da primeira colonia alemá na África do Suroeste.
Deu tamén o seu nome á cidade namibia de Lüderitz.
Traxectoria
Naceu en Bremen, onde se ocupou do negocio de tabaco co seu pai. Desde 1854 até 1859 viviu nos Estados Unidos.
Á morte do seu pai, que morreu en 1878, Adolf Lüderitz fíxose cargo do negocio, no que tivo moito éxito. En 1881 estableceu unha fábrica en Lagos, na colonia británica de África Occidental. Aínda que non puido prosperar fronte a competencia estranxeira.
A pesar deste fracaso, Lüderitz mantivo os seus plans en África, encontrando o apoio do xove comerciante, tamén bremés, Heinrich Vogelsang. Ambos decidiron fundar unha colonia alemá no suroeste de África, xa que esta zona nunca fora ocupada por ningunha outra potencia colonial. Así, en 1883 adquiriu terras alí, que colocou baixo a protección do Imperio alemán en 1884, dando orixe á colonia da África Suroriental alemá.
Morreu afogado no río Orange o 24 de outubro de 1886.
Véxase tamén
Bibliografía Drechsler, Horst (1987): Lüderitz, Adolf, en Neue Deutsche Biographie (NDB). Tomo 15. Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0196-6. Drechsler, Horst (1980): Let us die Fighting. The Struggle of the Herero and Nama against German Imperialism (1884 - 1915). Londres: Zed Press,. ISBN 0-9057-6237-1. Drechsler, Horst (1996): Südwestafrika unter deutscher Kolonialherrschaft. Teil: 2, Die großen Land- und Minengesellschaften (1885 - 1914). Berlin: Akademie Verlag. ISBN 33-5150-6689-6. Stoecker, Helmuth (1991): ''Drang nach Afrika – Die deutsche koloniale Expansionspolitik und Herrschaft in Afrika von den Anfängen bis zum Verlust der Kolonien. Berlin: Akademie-Verlag. ISBN 3-0500-0825-3.
Ligazóns externas The man who bought a country (O home que comprou un país), en Lüderitz . Südwestafrika unter deutscher Kolonialherrschaft: Der Kampf der Herero und Nama gegen den deutschen Imperialismus, von Horst Drechsler .
Categoría:Colonialismo Categoría:Nados en 1834 Categoría:Nados en Bremen Categoría:Finados en 1886 Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Namibia