Lüderitz é unha cidade portuaria de Namibia, situada na rexión de Karas, a máis meridional do país.
Xeografía O municipio ocupa unha superficie de 112,9 km². No ano 2011 tiña 12 537 habitantes, cunha densidade de poboación de 162,44 hab./km².
Ten un clima semidesértico, con fortes diferenzas entre as temperaturas (máxima anual media, 37,5 °C, e mínima anual media de 0,2 °C) e escaseza de precipitacións, cunha media anual de 17 mm.
Historia A cidade foi fundada o 12 de maio de 1883 polo comerciante bremés Adolf Lüderitz, despois da compra da Angra Pequena e os seus arredores a un xefe local nama.
A cidade comezu como unha factoría con actividade pesqueira e de recolección de guano. Foi a cidade principal da Compañía Colonial da África do Suroeste Alemá.
En 1909, tras o descubrimento de diamantes na zona, Lüderitz converteuse nunha cidade próspera. Na actualidade a extracción de diamantes eé escasa, pero segue sendo importante.
O seu porto é de augas pouco profundas, o que o fai inutilizábel para as naves modernas. Isto conduciu a que Walvis Bay se convertera no centro industrial marítimo de Namibia. Recentemente, porén, a construción dun molle novo permitiu que buques de pesca máis grandes atraquen en Lüderitz.
Economía A actividade pesqueira é a principal fonte de ingresos da cidade. É importante a pesca de lagosta e pescada. A maior parte das capturas destínanse á exportación. España é un dos principais destinos das exportacións pesqueiras. A antiga empresa española Pescanova (e agora a súa sucesora Nueva Pescanova),Elena Salgado ficha por Nueva Pescanova y entra en el consejo de administración. Europa Press, 09/02/2016. ten dúas plantas de procesado Namibia, a principal, NovanNam-Lüderitz, en Lüderitz,NovaNam, filial del grupo Nueva Pescanova en Namibia, cumple 27 años de historia onde traballan 1 800 operarios dedicados a elaboración dos produtos capturados pola frota pesqueira que a compañía posúe no país.Un libro recoge el papel de NovaNam, filial del Grupo Nueva Pescanova, en el desarrollo de la industria pesquera en Namibia. A outra, NovaNam-Walvis Bay, está localizada en Walvis Bay, onde a empresa ten 300 operarios.
miniatura|Antiga estación ferroviaria, hoxe en desuso.
O turismo cada vez se afianza máis como unha importante fonte de ingresos. Na cidade hai edificios coloridos da época colonial alemá, incluíndo algúns exemplos de Art Nouveau que recordan con nostalxia estar en Alemaña, pero co deserto de fondo. A cidade tamén foi redeseñada nun intento por atraer turistas á área, que inclúe unha zona ribeirá para tendas e oficinas.
Lüderitz conta adenais con construcións para a protección da vida salvaxe, incluíndo focas, pingüíns, flamengos e avestruces.
É tamén sede dun museo, nun edificio que antigamente era a cabeceira final da liña férrea a Keetmanshoop.
Nas aforas de Lüderitz xace o pobo fantasma de Kolmanskop. Este pobo, antigamente animado, está agora abandonado e en constante loita para non ser enterrado baixo as movedizas dunas das areas do deserto do Namib.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Lüderitz. Between wind and water . Nueva Pescanova presenta el documental "La Ciudad que Nació del Mar".
Categoría:Cidades de Namibia