Darius Tiyon Miller, nado o 21 de marzo de 1990 en Maysville, Kentucky, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Miller foi elixido na 46ª posición do Draft da NBA de 2012 polos New Orleans Hornets. O 22 de agosto de 2012, asinou o seu contrato de rookie cos Hornets.

O 25 de xullo de 2014, Miller asinou un novo contrato cos Pelicans. O 30 de novembro de 2014, foi cortado polos Pelicans.

O 24 de febreiro de 2015, Miller asinou unha tempada co Brose Bamberg da Basketball Bundesliga. O 28 de xullo de 2015, asinou un ano máis co equipo alemán.

O 27 de xullo de 2017, Miller volveu á NBA e asinou de novo cos New Orleans Pelicans.

O 24 de novembro de 2020, Miller foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre catro equipos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no condado de Mason, Kentucky Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets‎ Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores do Brose Baskets‎ Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder