Luz foi unha revista editada na Coruña en 1922.

Historia e características Subtitulada Revista semanal ilustrada, apareceu o 9 de xullo de 1922. Logo de desaparecer Vida algúns dos seus redactores crearon esta revista. Dirixida por Juan Marín Felipe,La Integridad, 11-7-1922, 1. o redactor xefe era G. de Leferente. Entre os seus colaboradores figuraron Julio José Casal, Ángel Ferrant, Luís Huici, Francisco Miguel, Manuel Méndez, Ramón Núñez Carnicer e Manuel Barros Arbones. O último número coñecido é o 4 con data 30 de xullo de 1922. Foi continuada por Marineda.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Exemplares na Hemeroteca da RAG

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1922 en Galicia