When They See Us é unha miniserie estadounidense de 2019 creada, coescrita e dirixida por Ava DuVernay para Netflix, a cal foi estreada en catro partes o 31 de maio de 2019. Éstá baseada nos acontecementos do caso da corredora de Central Park de 1989, na cidade de Nova York, e explora as vidas e as familias dos cinco sospeitosos que foron xulgados pola violación e agresión da muller. A serie conta cun elenco composto por Jharrel Jerome, Asante Blackk, Jovan Adepo, Michael K. Williams, Logan Marshall-Green, Joshua Jackson, Blair Underwood, Vera Farmiga, John Leguizamo, Felicity Huffman, Niecy Nash, Aunjanue Ellis, Marsha Stephanie Blake e Kylie Bunbury.

When They See Us recibiu aclamación da crítica polas interpretacións e o elenco. Nos Premios Primetime Emmy, recibiu 11 nomeamentos, incluíndo as categorías de mellor miniserie e mellores actuacións para Jerome, Ellis, Nash, Blackk, Leguizamo, Williams, Blake e Farmiga.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1990 Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019