Pedro Jesús Huarte Iribarren, nado en Pamplona o 21 de decembro de 1972, é un político navarro, militante de Aralar. Foi alcalde de Zizur Nagusia (Navarra) entre 2007 e 2011 pola coalición Nafarroa Bai.
Traxectoria Pedro Huarte presentouse polas listas de Nafarroa Bai en Zizur Nagusia nas eleccións municipais de 2007 e foi elixido candidato á alcaldía da localidade, na que conseguiría 5 dos 17 concelleiros que compoñen o concello, situándose como segunda forza política. Foi investido alcalde co apoio de Nafarroa Bai (5), PSN-PSOE (3) e IUN-NEB (1), substituíndo a Luis María Iriarte de UPN. Accedeu á alcaldía con 34 anos, sendo o terceiro alcalde máis novo que tivo Zizur Nagusia, por detrás de Luis Ibero e Jon Gondán.
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Políticos de Aralar Categoría:Políticos de Nafarroa Bai Categoría:Políticos de Navarra