Cándido Barros Martínez, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade o 23 de abril de 1949, foi un político galego.

Traxectoria

Copropietario do periódico El Progreso co seu irmán Benigno. Secretario da Cámara de Comercio de Pontevedra. Foi correspondente de El Sol en Pontevedra. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou con Fernando Lago Búa e co médico de prisións Francisco Bustelo Bustelo na organización dunha trama para extorsionar os presos do campo de concentración da illa de San Simón facéndolles crer que estaban nas listas para “pasear” e que se lles entregaban unha cantidade de diñeiro, influirían para evitalo. Denunciados polo médico vigués José Ramón de Castro Rodríguez, foron detidos o 14 de novembro de 1936 e xulgados en consello de guerra o 21 de decembro. Francisco Bustelo e Fernando Lago Búa foron executados en xaneiro de 1937Míguez Macho (2013), p. 67 e Cándido foi absolto.El Pueblo Gallego, 25-12-1936, p. 2. Finou en Pontevedra o 23 de abril de 1949.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 24-4-1949, p. 7.

Vida persoal

Casou con Isolina Muíños Búa e foi pai de Emilia, Josefa, Fernando, Olga, Jaime e Julio Barros Muíños (que emigrou a Venezuela).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas O caso Lago Búa.

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes