Girardot é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia do Alto Magdalena, da cal é capital. Limita polo norte cos concellos de Nariño e Tocaima, polo sur co concello de Flandes e o río Magdalena, polo oeste co municipio de Nariño, o río Magdalena e o municipio de Coello e polo leste co concello de Ricaurte e o río Bogotá. Está situado a 134 km ó suroeste de Bogotá. A temperatura media anual é de 27.8 °C. CLIMATE-DATA.ORG, Clima: Girardot.
Girardot é unha das cidades máis importantes de Cundinamarca pola súa poboación, centros de educación superior, economía e extensión urbana. Tamén é unha das cidades con máis afluencia de turistas e poboación flotante do país. Girardot conforma unha conurbación xunto cos conellos de Flandes e Ricaurte, que suman unha poboación de 144.248 habitantes.
Historia Na época precolombiana, o territorio de Girardot estivo habitado polos indíxenas panches.
Demografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cundinamarca