Villeta é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia do Gualivá, da que é capital. Atópase a 91 quilómetros de Bogotá e 330 de Medellín. O seu nome significa "Pequena Vila" e está consagrada a San Miguel Arcanxo. Tamén é coñecida como "A Cidade Doce de Colombia", polo intenso cultivo de cana de azucre, coa que se produce panela. Villeta esta a 118 km de Zipaquirá "A cidade salgada de Colombia" pola súa Catedral de Sal.

Villeta é coñecida pola súa produción de panela, polas súas festividades, como o Reinado Nacional da Panela en xaneiro e o Festival Departamental de Bandas en agosto, e por ser a poboación onde se dá inicio á Ruta do Sol. É tamén un importante centro turístico do departamento de Cundinamarca debido ós seus carreiros ecolóxicos, fervenzas, balnearios, leiras paneleiras e infraestrutura hoteleira.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca