Guasca é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Conforma a provincia do Guavio, a 50 quilómetros ó nordeste de Bogotá, D. C. Conta cunha poboación de 14 759 habitantes no ano de 2005. Ten unha temperatura media de 15 °C e atópase a unha altitude de 2700 m s. n. m., situándose entre os pisos térmicos frío e páramo.

Límites Guasca limita polo norte con Tocancipá e Guatavita, polo leste con Junín, polo sur con La Calera e polo oeste con Tocancipá e Sopó.

Toponimia Segundo es atopa na gramática da lingua muisca, de Frei Bernardo de Lugo, impresa en 1619, Guasca é un topónimo de orixe muisca, composto de dous vocábulos: gua (serra), e shuca (saia).

Historia Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Guasca estivo habitado polos muiscas. Guasca pertencía ó territorio dominado polo cacique de Guatavita, do cal era lugartenente o cacique de Guasca.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca Categoría:Confederación muisca