El Peñón é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Rionegro, a 121 km de Bogotá. A cabeceira municipal atópase a unha altura de 1310 m s. n. m.
Historia Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de El Peñón estivo habitado polos indíxenas teramas, que ocupaban a beira do río Bunque, tributario do río Murca (ou río das pedras verdes). Os teramas estaban dirixidos polo cacique Terama, que fixo fronte á expedición conquistadora do capitán español Antonio de Toledo no século XVI.
El Peñón foi oficialmente fundado por Pedro Bustos en 1822 co nome de El Peñón de Terama.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cundinamarca