Dona do corpo delgado é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en (1950) na Colección Benito Soto. Foi reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980)
Características É unha especie de escolma na que se inclúen poemas de tipos diversos e distintas épocas. Contén poemas confidenciais, nostálxicos, herméticos e tamén neotrobadorescos. Logo dun poema inicial-prólogo, consta de 3 partes moi diferenciadas:
"Dona do corpo delgado", con 3 poemas de tipo amatorio, relacionados metricamente co clasicismo da poesía de posguerra, nos que a soidade e o amor son confesións íntimas de Cunqueiro. "Dúas elexías", a Feliciano Rolán e Manuel Antonio, cun dramatismo existencial en sintonía coa Escola da Tebra. "Cantigas do amor cortés", escritas antes de 1936, nas que se aproxima máis á tradición medieval galego-portuguesa do que en anteriores recreacións neotrovadorescas.
Segundo o Diccionario da literatura galega:
Poemas Recomendación da alma e do corpo
-Dona do corpo delgado
Soedade primeira Soedades da miña branca señor Antiga noiva verde
-Dúas elexías
Elexía a Feliciano Rolán Derradeira elexía a Manoel Antonio
-Cantigas de amor cortés
A dama que ía no branco cabalo Quechemarín da verde bandeira O freixo está teste prá lanza labrar O cabaleiro da pruma na gorra Rondeau das señoras donas pintadas no ouso do Vilar, no século XIV, cheirando unha frol Rondeau da dona enterrada en San Xohán de Badón, con dous anxos aos pés No bico do galo a-ialba Agora trobo o vento e maila lúa fría
Notas
Categoría:Obras literarias de 1950 Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de Álvaro Cunqueiro