«So geht das jede Nacht» (en galego: «Así é como funciona todas as noites») é unha canción composta por Lothar Olias e interpretada en alemán por Freddy Quinn. Lanzouse como sinxelo en 1956 mediante Polydor Records. Foi elixida para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-la final nacional alemá, Schlager & Chansons.

Festival de Eurovisión 1956 Selección «So geht das jede Nacht» cualificouse para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión 1956 tras gaña-la final nacional alemá, Schlager & Chansons.

No festival A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada polo cantante alemán Freddy Quinn. A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.

Foi interpretada 11.ª, seguindo a Bélxica con Mony Marc interpretando «Le plus beau jour de ma vie» e precedendo a Francia con Dany Dauberson interpretando «Il est là». O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.

Notas

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Alemaña no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua alemá Categoría:Cancións de 1956 Categoría:Sinxelos de 1956 Categoría:Cancións de Eurovisión 1956 Categoría:Cancións de Alemaña en Eurovisión