miniatura|Exemplar con plumaxe subadulta O albatros olleirudoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Thalassarche melanophris, antes Diomedea melanophris)Robertson, C. J. R. (2003) é unha grande ave mariña da familia dos albatros, Diomedeidae, na cal é un dos membros máis espallados e común.
Taxonomía
Son albatros da familia Diomedeidae e da orde Procellariiformes, na que tamén están incluídos as pardelas, fulmares, e paíños. Estas aves comparten certas características distintivas. Teñen vías nasais unidas ao bico superior chamadas naricornos, aínda que os orificios nasais dos albatros están nos lados do bico. Os bicos dos procelariformes son tamén singulares porque están divididos entre sete e nove placas óseas. Produce un aceite estomacal feito de ésteres cerosos e triglicéridos que se almacena no proventrículo. É usado contra os predadores e como fonte alimenticia rica en enerxía para as crías e tamén para os adultos durante os seus longos voos.Double, M. C. (2003) O albatros ten tamén unha glándula do sal por riba dos tubos nasais, que axuda a eliminar o sal do océano que a ave incorpora. A glándula excreta unha solución de alta concentración salina a través do nariz.Ehrlich, Paul R. (1988)
En 1998, Robertson e Nunn publicaron o seu estudo do albatros Thalassarche impavida, no que suxerían separar esta especie do T. melanophris.Robertson, C. J. R. & Nunn (1998) Poucos anos despois, outros foron concordando con eles, incluíndo BirdLife International en 2000,BirdLife International (2008) e Brooke en 2004.Brooke, M. (2004) Pero James Clements non adoptou esta división,Clements, J. (2007) o ACAP non adoptou aínda esta división e a SACC recoñece a necesidade dunha proposta.Remsen Jr., J. V. (2008)
O albatros olleirudo foi descrito primeiramente como Diomedea melanophris por Coenraad Jacob Temminck, en 1828, baseándose nun espécime recollido no Cabo de Boa Esperanza.
Etimoloxía A orixe do nome melanophris son as palabras gregas melas ou melanos, que significa 'negro', e ophris, que significa 'cella', referíndose á mancha escura da zona dos ollos; a isto fai referencia tamén o nome común galego albatros olleirudo.Gotch, A. F. (1995)
Descrición
miniatura|No leste de Tasmania O albatros olleirudo é un albatros de medio tamaño, de 80 a 95 cm de longo e unha envergadura de 200 a 240 cm e un peso medio de 2,9 a 4,7 kg. Poden chegar a vivir na natureza uns 70 anos. Teñen unha sela gris escura e parte superior das ás que contrasta coa rabadilla e partes inferiores brancas. A parte inferior das ás é predominantemente branca con marxes negras anchas e irregulares. Ten unha zona ciliar escura e un bico amarelo-laranxa cun extremo laranxa avermellado máis escuro. Os xuvenís teñen bicos de cor corno escuro con puntas escuras e unha cabeza e colar gris. Tamén teñen a parte inferior das ás escura. As características que o distinguen doutros albatros (excepto do estreitamente relacionado Thalassarcha impavida) son a liña escura nos ollos, que lle dá seu nome, unha ancha beira negra na parte inferior das ás, cabeza branca e bico laranxa coa punta laranxa máis escura. O T. impavida é moi similar, pero cun ollo máis claro. As aves inmaturas son similares ao Thalassarche chrysostoma, pero este último ten un bico completamente negro e marcas na cabeza escuras máis completas.
Distribución e hábitat
+Poboación reprodutora e tendencia Localidade Poboación Data TendenciaIllas Malvinas 399 416 parellas 2007 Decrecendo un 0,7% por anoIlla Xeorxia do Sur 74 296 parellas 2006 DecrecendoChile 122 000 parellas 2007Illas Antípodes ?1998 Illa Campbell ?1998 Illa Heard 600 parellas1998 Incrementándoseillas McDonald ? 1998 Illas Crozet ?1998 Illas Kerguelen ? 1998 DecrecendoIlla Macquarie ? 1998 Illas Snares ? 1998 Total 600 000 parellas 2005 Decrecendo
O albatros olleirudo é circumpolar nos mares do sur, e reprodúcese en 12 illas dentro da súa área. No sur do océano Atlántico, reprodúcese nas illas Falkland, illas Diego Ramírez, illas Xeorxia do Sur e illas Sandwich do Sur. No sur do océano Pacífico reprodúcese nas illas Ildefonso, illas Diego de Almagro, illas Evanxelistas, illa Campbell, illas Antípodes, illas Snares e illa Macquarie. No sur do océano Índico reprodúcese nas illas Crozet, illas Kerguelen, illa Heard e illas McDonald.Croxall, J. P. & Gales, R. (1998)
Estimouse nun reconto de 2005 que había 1 220 000 exemplares vivos e 600 853 parellas reprodutoras. Deles, 402 571 reprodúcense nas Malvinas, 72 102 nas illas Xeorxia do Sur, 120 171 nas illas chilenas de Ildefonso, Diego de Almagro, Evanxelistas e Diego Ramírez. Outras 600 parellas crían na illa Heard, Finalmente, as restantes 5 409 parellas crían no resto das illas.Robertson, G.; et al. (2007)Huin, N. & Reid, T. (2007)Poncet, S.; et al. (2006) Esta especie de albatros prefire buscar alimento na plataforma continental e noiros continentais. As aves das illas Malvinas invernan preto da plataforma de Patagonia e as aves de Xeorxia do Sur aliméntanse en augas do sur de África, aproveitando a corrente de Benguela e as aves chilenas aliméntanse na plataforma de Patagonia, na plataforma de Chile e mesmo chegan a Nova Zelandia. É probablemente o albatros que se encontra ás veces no Atlántico Norte debido á tendencia migratoria cara ao norte.
Comportamento miniatura|Reproducíndose en (New Island, illas Malvinas) miniatura|Asociándose cunha candorca. Imaxe tomada por unha cámara instalada sobre o propio albatros. miniatura|Engalando As colonias son moi ruidosas, xa que as aves "ornean" para marcar o seu territorio e grallan asperamente. Utilizan a súa cola en abano nas exhibicións de cortexo.
Alimentación O albatros olleirudos aliméntase de peixes, luras, crustáceos, prea e descartes das pesqueiras.Cherel, Y.; et al. (2002)Xavier, J. C.; et al. (2003)Arata, J.; et al. (2003) Esta especie foi observada roubando comida a outras especies.
Reprodución miniatura|Ovo desta especie no MHNT miniatura|Colonia na illa Saunders, illas Malvinas Esta especie aniña normalmente en ladeiras con moita pendente cubertas de tussock e ás veces en cantís; porén, nas Malvinas nidifica en pradeiras chairas costeiras. Reprodúcense anualmente, poñendo un ovo entre finais de setembro e principios de novembro, aínda que os que se reproducen nas Malvinas, illas Crozet e Kerguelen fan a posta tres semanas antes. A incubación fana ambos os sexos e dura de 68 a 71 días. Despois da eclosión, os polos tardan de 120 a 130 días en emplumar. Os xuvenís retornan á colonia pasados dous ou tres anos, pero só para practicar os rituais de cortexo, xa que non se empezan a reproducir realmente ata que teñen 10 anos.
Conservación Ata 2013, a IUCN clasificou esta especie como en perigo debido á drástica redución da súa poboación.BirdLife International (2013) Na illa Bird preto de Xeorxia do Sur houbo un 4% de perda anual de parellas nidificadoras, e a poboacións da illa Kerguelen experimentou unha redución do 17% entre 1979 e 1995.Weimerskirch, H. & Jouventin, P. (1998) A da illa Diego Ramírez diminuíu na década de 1980 pero recuperouse recentemente,Schlatter, R. P. (1984)Arata, J. & Moreno, C. A. (2002) e a das Malvinas tivo un rexurdimento na década de 1980Gales, R. (1998) probablemente debido á abundancia de restos de peixes descartados polos arrastreiros;Thompson, K. R. & Riddy, M. D. (1995) porén, os censos recentes mostran unha drástica redución na maioría dos sitios de nidificación alí. Houbo un declive do 67% na poboación nos últimos 64 anos. miniatura|Esqueleto dun albatros olleirudo (Museo de osteoloxía) Ao incremento da pesca de palangre nos océanos do sur, especialmente arredor da plataforma de Patagonia e de Xeorxia do Sur atribuíuse a causa principal do declive desta ave.Prince, P. A.; et al. (1998)Schiavini, A.; et al. (1998)Stagi, A.; et al. (1998)Tuck, G. & Polacheck, T. (1997) Observouse que o albatros olleirudo é a ave que máis frecuentemente se atopa morta nos caladoiros de pesca.Gales, R.; et al. (1998)Murray, T. E.; et al. (1993)Ryan, P. G. & Boix-Hinzen, C. (1998)Ryan, P. G.; et al. (2002)Reid, T. A. & Sullivan, B. J. (2004) A pesca de arrastre, especialmente na zona da plataforma de PatagoniaSullivan, B. J. & Reid, T. A. (2002) e preto do sur de África é tamén unha importante causa da morte destes animais.Watkins, B. P.; et, al (2007)
As medidas de conservación postas en marcha empezaron colocando a especie no Apéndice II da Convención de Especies Migratorias e no Anexo 1 do Acordo sobre a Conservación de Albatros e Pardelas. Está sendo monitorizada na metade das illas, e a maioría dos sitios de reprodución son reservas. A illa Heard e as illas McDonald, a illa Macquarie e as illas de Nova Zelandia son Sitios Patrimonio da Humanidade. Tamén se completou un censo inicial en Chile.Lawton, K.; et al. (2004)
Aves errantes Aínda que é unha ave do hemisferio sur, pode ás veces chegar ao hemisferio norte e en raras ocasións aparece nas costas galegas como ave accidental. Incluso pode aparecer tan ao norte como en Escocia, onde se detectou un exemplar ao que se lle puxo o nome de Albert.Ivens, Martin (9 May 2007) Crese que foi arrastrado polo vento ata chegar ao Atlántico Norte en 1967. Tamén se detectou a súa presenza accidental nas illas Faroe, onde un exemplar viviu entre unha colonia de mascatos durante 30 anos.á Ryggi, M. (1951) Tamén se observou un nas Bahamas en 2013 e en 2014 en Heligoland e na costa de Inglaterra. Crese que o exemplar de Bahamas, Feroe e Heligoland era o mesmo exemplar detectado en Escocia chamado Albert.<ref name="Fotos">Fotonachweise vom 28./29. Mai, 4./5. Juni und 12./13. Juni 2014 auf Helgoland. Bericht mit Fotos in Der Falke Nr. 8/2014, S. 34–37.</ref>Sighting on Heligoland, 2016 (German)Sighting on Heligoland, 2017 (en alemán) Ademais, houbo 20 posibles avistamentos en Norteamérica nos Estados Unidos e outro en Inglaterra en 2017.Dunn, Jon L. & Alderfer, Jonathan (2006)
miniatura|Albatros olleirudo en Heligoland (abril de 2017)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alsop, III, Fred J. Smithsonian Birds of North America''. Dorling Kindersley
Ligazóns externas BirdLife Species Factsheet. BTO BirdFacts – Black-browed albatross ARKive – imaxes evídeos de Thalassarche melanophris Albatros olleirudo - Texto sobre a especie en The Atlas of Southern African Birds.
Categoría:Diomedeidos Categoría:Animais descritos en 1828