Nancy Jane Currie-Gregg, nada en Wilmington (Delaware) o 29 de decembro de 1958, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-57, STS-88, STS-109 e STS-70. Pasou un total de 41,65 días no espazo.

Traxectoria Currie é graduada en bioloxía pola Universidade do Estado de Ohio en 1980, con máster en Enxeñería da Seguridade pola Universidade do Sur de California en 1985 e doutoramento en enxeñería industrial pola Universidade de Houston en 1997.

Foi asignada ao Centro Espacial Johnson da NASA en setembro de 1987 como enxeñeira de simulación de voo. Foi seleccionado como astronauta en 1990, completando o seu adestramento en 1991. Participou nas misións STS-57, STS-88, STS-109 e STS-70, pasando un total de 41,65 días no espazo

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-57 STS-88 STS-109 STS-70

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Delaware