Caio Dellis é unha illa privada de 2´3 km² situada no arquipélago das illas Turks e Caicos.Sadler, H.E. (1997). Turks Islands Landfall: A History of the Turks and Caicos Islands. Grand Turk .

Esta illa atópase ao sur de Caio Parrot e ao norte de Caio Pine e pódese observar facilmente na cadea das illas Caicos.Kirby, Jill. (2005). Bahamas, Turks & Caicos. Lonely Planet Publications Pty Ltd. . Caio Dellis está situado a poucos quilómetros de Providenciales e é accesible a 20 minutos en barco. A illa obtivo o seu nome da familia Dellis que viviu na illa e gañou a vida cos cultivos de esponxas na década dos cincuenta. Ademais de ser coñecido polo cultivo de esponxas e cunchas, caio Dellis tamén é coñecido pola súa gran colección de cunchas que se poden atopar ao longo da súa costa. Un proxecto inmobiliario "As residencias Mandarin Oriental de caio Dellis") debería abrirse a mediados de 2010, pero o proxecto fallou a principios de 2010 e a construción quedou detida. A principios de 2011, o proxecto foi cancelado por problemas financeiros.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas “Luxurious in Its Simplicity”- Times of the Islands. Consultado o 30 de xaneiro de 2009. Dellis Cay Website. Dellis Cay at TCI Mall

Categoría:Illas do Reino Unido Categoría:Turks e Caicos Categoría:Illas do Caribe