«'n Beetje» (en galego: «Un pouco») é unha canción composta por Dick Schallies e interpretada en neerlandés por Teddy Scholten. Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Philips Records. Foi elixida para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1959, e declarouse gañadora do certame.

Festival de Eurovisión 1959 miniatura|esquerda|Teddy Scholten un día despois de gaña-lo Festival de Eurovisión 1959 coa canción. Selección «'n Beetje» cualificouse para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1959.

No festival A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959 co título «Een beetje», sendo interpretada pola cantante neerlandesa Teddy Scholten. A orquestra foi dirixida por Dolf van der Linden.

Foi interpretada en quinto lugar, seguindo a Mónaco con Jacques Pills interpretando «Mon ami Pierrot» e precedendo a Alemaña con Alice e Ellen Kessler interpretando «Heute Abend wollen wir tanzen geh'n». Ao final das votacións, a canción recibiu 21 puntos, obtendo o primeiro posto de 11.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Países Baixos no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua neerlandesa Categoría:Cancións de 1959 Categoría:Sinxelos de 1959 Categoría:Cancións de Eurovisión 1959 Categoría:Cancións dos Países Baixos en Eurovisión