«Augustin» é unha canción composta por Harry Sandin e interpretada en sueco por Brita Borg. Lanzouse como sinxelo en febreiro de 1959 mediante Knäppupp. Foi elixida para representar a Suecia no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-la final nacional sueca, Säg det med musik: Stora Schlagertävlingen.

Festival de Eurovisión 1959 miniatura|esquerda|Brita Borg, intérprete da canción, entre 1960 e 1961. Selección «Augustin» cualificouse para representar a Suecia no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional sueca, Säg det med musik: Stora Schlagertävlingen, onde foi interpretada por Siw Malmkvist.

No festival A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959, sendo interpretada pola cantante sueca Brita Borg. A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.

Foi interpretada en sétimo lugar, seguindo a Alemaña con Alice e Ellen Kessler interpretando «Heute Abend wollen wir tanzen geh'n» e precedendo a Suíza con Christa Williams interpretando «Irgendwoher». Ao final das votacións, a canción recibiu 4 puntos, obtendo o noveno posto de 11 xunto a Austria.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Suecia no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua sueca Categoría:Cancións de 1959 Categoría:Sinxelos de 1959 Categoría:Cancións de Eurovisión 1959 Categoría:Cancións de Suecia en Eurovisión