miniatura|320px|Vereinstaler de 1866 do Principado de Lippe O vereinstaler (en galego: "tálero da unión"), creado en 1857, foi unha moeda padrón de prata usada na maior parte dos Estados Alemáns e no Imperio Austríaco nos anos anteriores á Unificación Alemá. Trátase do derradeiro tipo de tálero alemán e contiña 16,667 gramos de prata fina."Vereinstaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de."Vereinsmünzen". En Münzen Lexikon. Reppa.de."Vereinsthaler". En Farlex Financial Dictionary. (2009)."Tratado de Viena do 24 de xaneiro de 1857" (tradución ao inglés do texto íntegro). En Journal of Political Economy. Vol. 4. Nº 2. 1896.Páxinas 270-279.

Caracterización miniatura|160px|esquerda|Reverso dun vereinstaler de Saxonia de 1860O vereinstaler foi introducido para substituír o padrón anterior, baseado no tálero de Prusia, lixeiramente máis pesado (16,704 g). A partir dunha libra de prata obtíñanse 30 vereinstaler, cunha pureza de 900 milésimas. Era frecuente que esta característica fose amosada nos seus reversos, coa lenda XXX EIN PFUND FEIN ("30 por cada libra de fino").

O vereinstaler usábase en todos os países adheridos á Unión Alfandegueira dos Estados de Alemaña (Zollverein), unha organización establecida en 1834 pola que se suprimían os aranceis entre os membros da Confederación Xermánica, coa excepción de Austria."German Zollverein ". En Ackermann, M. et al. (2008). Páxinas 155-156.

As especificacións do vereinstaler aplicáronse tamén ao resto das moedas con valores expresados en táleros e en floríns, aínda que non se fixese nelas mención ao padrón do vereinstaler. No caso das moedas divisionarias, no entanto, deuse unha situación problemática, xa que estas (pfennig, kreuzer e groschen) seguían a ser específicas de cada Estado e en moitas ocasións carecían de correspondencia coas cuñadas noutros estados.

Historia

Prolegómenos Xa nas discusións preliminares do Tratado de Dresde (Dresdner Münzvertrag), Saxonia presentara unha proposta para a creación dunha nova moeda equivalente a un terzo do tálero que se usaba naquel reino. Porén, a proposta fora rexeitada polos demais estados, ao resolverse que só se procuraría a homologación dos sistemas existentes.Holtferich C. L. (1990). "Monetary conditions before the creation of the Zollverein (1834)". Páxinas 217-220.

miniatura|Área da Zollverein (1834-1919).Azul: Prusia en 1834.Gris: zonas incluídas en 1866.Amarelo: posesións austríacas fóra da Zollverein.Vermello: límites da Confederación Xermana en 1828.

Co tratado monetario de Dresde do 30 de xullo de 1838, creouse o dobre tálero (doppeltaler), equivalente a tres floríns, como unidade monetaria de toda a zona da Zollverein. O dobre tálero era válido nos estados do sur de Alemaña pertencentes á Zollverein, en Prusia, en Saxonia, Hesse-Kassel e o ducado de Turinxia. Ata 1853, entre outros, adheríronse ao tratado monetario de Dresde Anhalt, Oldenburgo, o ducado de Braunschweig e Hannover.Holtferich C. L. (1990). "Towards a unification of the coinage systems, 1837-1867". Páxinas 220-226.

Creárase, xa que logo, unha profunda harmonización da moeda alemá, mais non, aínda, unha moeda alemá unitaria, xa que un dobre tálero do norte correspondía a 3,5 floríns do sur e a 3 floríns austrohúngaros, en tanto que moitas moedas do século XVIII mantiñan aínda a súa circulación.

Implantación nos diferentes estados miniatura|esquerda|Billete de 100 vereinstaler de Hannover de 1857 Co acordo monetario de Viena do 24 de xaneiro de 1857, Austria uniuse tamén á unión monetaria, do mesmo modo que a práctica totalidade dos estados da Zollverein. Introduciuse entón no sistema o vereinstaler como moeda principal, cunha versión simple e outra dobre.Parker Willis, H. (1896).

En Prusia e outros estados xermanos do norte, o vereinstaler dividiuse en 30 groschen de prata (silbergroschen), e cada un destes en 12 pfennig, do mesmo xeito que en Saxonia, coa diferenza de que o seu groschen (chamado alí neugroschen) estaba dividido en 10 pfennig. Aínda que outros estados do norte, como Hannover, usaron tamén o groschen como moeda divisionaria, outros, como Mecklenburgo ou Hesse-Kassel usaron outras divisións diferentes.

No sur de Alemaña, estados como Baviera usaron o florín como unidade padrón de conta, coa equivalencia de ​1 3⁄4 floríns por cada vereinstaler. O florín estaba dividido en 60 kreuzer, e cada un destes en 4 pfennig ou 8 heller.

No Imperio Austríaco (e máis tarde no Imperio Austrohúngaro), a unidade de conta era un florín diferente, dividido en 100 kreuzer, de xeito que ​1 1⁄2 floríns equivalían a un vereinstaler.miniatura|Cantidades de vereinstaler cuñados por data en Alemaña Substitución Cando Austria se arredou da Confederación Xermánica (Deutscher Bund) tras a derrota na guerra austro-prusiana de 1866, acabou a cuñaxe de vereinstaler austríacos, e a súa circulación finalizou o 1 de xaneiro de 1901.

Na área do Imperio Alemán, a lei monetaria de 1873 trouxo consigo unha nova moeda, o marco de ouro (goldmark), chamada así por estar baseada no padrón ouro, aínda que a súa especie física fose cuñada en prata, e atribuíulle ao vereinstaler o valor de tres deses marcos."Goldmark". En Münzen Lexikon. Reppa.de."Goldmark". En Farlex Financial Dictionary. (2009).

Nese momento finalizou a cuñaxe do vereinstaler (a derradeira moeda de dobre vereinstaler emitiuse en conmemoración das vodas de ouro da parella real de Saxonia en 1872)."Morton & Eden. Auction 101. Lot 691". En Coin Archives. As moedas de dobre vereinstaler mantiveron a súa circulación ata o 15 de novembro de 1876, e as de valor simple foron retiradas o 1 de outubro de 1907.

A partir de 1908, existiu unha moeda directamente herdeira do vereinstaler, a de valor facial de tres marcos, cuñada ata a época da República de Weimar.

Vereinstaler emitidos en cada estado miniatura|Canto dun dobre vereinstaler do Reino de Saxonia A cantidade estándar de prata fina foi de 16,667 g para o vereinstaler e de 33,408 para o dobre vereinstaler (doppeltaler). Na táboa indícanse, entre parénteses) as desviacións desta norma.Cuhaj, G. S. (2011).Arnold P.; et al. (2007). EstadosPeríodos de cuñaxeCecasLendas do cantoVereinstaler simpleVereinstaler dobreAnhalt1858–18691839–1855Casa da Moeda de BerlínGOTT SEGNE ANHALTBaden1857–18711841–1855Casa da Moeda de KarlsruheMÜNZVERTRAG VOM 24. JANUAR 1857Baviera1857–18711837–1869Casa da Moeda de Baviera (Múnic)XXX EIN PFUND FEIN bzw. GOTT SEGNE BAYERNBraunschweig1858–18711842–1856Braunschweig (ata 1859). Hannover (desde 1864).NEC ASPERA TERRENTFrankfurt1857–18651841–1855

1860–1866

(33,333 g)Frankfurt.STARK IM RECHTHannover1857–18661854–1855

1862–1866

(33,333 g)Hannover.NEC ASPERA TERRENTHesse-Kassel1858–18651840–1855 (33,41 g)Kassel.GOTT MIT UNSHesse-Darmstadt1857–1871 (16,67 g)1839–1854 (33,41 g)Darmstadt.MÜNZVERTRAG VOM 24. JANUAR 1857Hohenzollern-Hechingen1844–1846Casa da Moeda de StuttgartCONVENTION*VOM*30JULY*1838*Hohenzollern-Sigmaringen1841–1847Stuttgart.CONVENTION*VOM*30JULY*1838*Lippe1860 e 18661843Berlín.MÜNZVERTRAG VOM 24. JANUAR 1857Liechtenstein1862Viena.KLAR UND FESTMecklenburg-Schwerin1864 Berlín.Mecklenburg-Strelitz1870Berlín.GOTT SCHIRME MECKLENBURGNassau1859–18641840–1854

1860

(33,333 g)Wiesbaden.Oldenburgo1846 (16,704 g)

1858–18661840 (33,408 g)Hannover. Wiesbaden (doppeltaler).Imperio Austríaco1857–18671857–1867Viena (só doppeltaler). Kremnitz.

Alba Iulia.

Milán.

VeneciaPrusia1857–18711839–1856

1858–1871

(33,333 g)Berlín. Hannover (desde 1866).

Frankfurt (desde 1866).GOTT MIT UNSReuss-Greiz1858–18681840–1854Berlín.Reuss-Gera1848Berlín.Saxonia1839–1856 (16,704 g)

1857–18711839–1856

1857–1861

(33,333 g)Dresde.GOTT SEGNE SACHSENSaxonia-Altemburgo1841 (16,704 g)

1858–18691841–1852Dresde.Saxonia-Weimar-Eisenach1841 (16,704 g)

1858–18701840–1855 (33,408 g)Berlín.Saxonia-Coburgo-Gotha1841–1852 (16,704 g)

1862–18701841–1854Dresde.Saxonia-Meiningen1859–18671841–1854Múnic.Schaumburg-Lippe1860 e 18651857 (33,33 g)Hannover.Schwarzburg-Sondershausen1859–18701841–1854Berlín.Schwarzburg-Rudolstadt 1858–18671841–1845Berlín.Waldeck-Pyrmont1859 e 18671842–1856Berlín. Hannover (1867).Reino de Württemberg1857–1871Stuttgart

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ackermann, M. et al. (2008). Encyclopedia of World History. Vol. I. Facts On File. ISBN 9780816063864. Arnold P.; et al. (2007). Grosser Deutscher Münzkatalog von 1800 bis heuteBattenberg Verlag. ISBN 9783866460195 Cuhaj, G. S. (2011). Standard Catalog of German Coins 1501-present. 3ª ed. Krause Publications. ISBN 9781440214028 Flandrin, P. (1997). Les thalers d'argent. Histoire d'une monnaie commune. Editions du Félin. París. ISBN 2866452798 Henderson, W. (1939). The Zollverein. Cambridge University Press. Cambridge. Holtferich C. L. (1990). "The monetary unification process in nineteenth-century Germany: relevance and lessons for Europe today". En A European Central Bank? Perspectives on monetary unification after ten years of the EMS. Cambridge. Cambridge University Press. Páxinas 216-243. ISBN 0521376238

Krause, Chester L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991. 18ª ed. Krause Publications. ISBN 0873411501 Parker Willis, H. (1896). "The Vienna Monetary Treaty of 1857", En Journal of Political Economy. Vol. 4. Nº2. Páxinas 187-207.

Outros artigos Unión Alfandegueira Alemá Tálero Tálero de convención Tálero de Prusia Reichstaler Kronentaler

Ligazóns externas

"La evolución del Thaler o Taler ". Cervera Colecciones.

Categoría:Tálero