Serafín Barros Otero, nado en Aldán (Cangas de Morrazo) o 16 de maio de 1837 e finado en Cangas o 3 de abril de 1912, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria Fillo de Carmen Barros Otero e de pai descoñecido. En 1856 realizou a súa primeira viaxe a Cuba, onde desenvolveu traballos para a Administración. Retornou a Cangas en xuño de 1862. Seguiu viaxando a Cuba durante o outono e o inverno, traballando alí como funcionario de Aduanas. Foi alcalde de Cangas en dúas ocasións. Finou en Cangas o 3 de abril de 1912.La Región, 5-4-1912, p. 2.Serafín Barros, entre a realidade e a ficción
Recoñecementos Cruz da Orde de Isabel a Católica.
Vida persoal Casou con Catalina del Amo o 17 de setembro de 1863, coa que tivo cinco fillos: Eugenio, Timoteo, María Dolores, Carmen e Acacia. Logo da morte de Catalina, casou coa súa cuñada Bonifacia del Amo o 6 de xullo de 1881, coa que tivo outros cinco fillos: Alicia, Marina, Bonifacia, Nieves e Emma. A súa filla Nieves Barros del Amo casou con José Mª Bolíbar Massó, irmán de Luís Bolívar Massó.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Exposición “Xérmolo creativo da descendencia de Serafín Barros Otero” en Cangas La saga artística de Serafín Barros Serafín Barros, entre a realidade e a ficción
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1837 Categoría:Finados en 1912 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos