Un estudo en escarlata (en ) é unha novela de 1887 escrita polo autor escocés Arthur Conan Doyle. Esta historias supón a primeira aparición de Sherlock Holmes e do Dr. Watson, que se converterían na parella de detectives máis famosa da ficción. O título do libro deriva dun discurso que Holmes, un detective consultor, lle fai ó seu amigo e cronista Watson sobre a natureza do seu traballo, no cal describe a investigación da historia dun asasinato como o seu "estudo en escarlata": "Existe o fío escarlata do asasinato que atravesa a madeixa incolora da vida, e o noso deber é desentrañar, illar e expoñer cada centímetro del.."Conan Doyle, A. A Study in Scarlet, "Chapter 4: What John Rance Had to Tell"

A historia e os seus personaxes atraeron pouco interese por parte do público na súa primeira aparición. Só se conservan 11 copias completas da revista na que apareceu a historia por vez primeira, Beeton's Christmas Annual, publicada en 1887, as cales teñen un valor considerable. Malia que Conan Doyle escribiu 56 historias curtas sobre Holmes, Un estudo en escarlata é unha das catro novelas no canon orixinal. A novela foi seguida por O signo dos catro, publicada en 1890. Un estudo en escarlata foi a primeira obra de ficción con detectives que incorporou a lupa como ferramenta de investigación.

Foi traducida ó galego por Elena Baillie e Xavier Alcalá e publicada pola Edicións Xerais no ano 1986 baixo o título Estudio en escarlata. Foi traducida por Bieito Iglesias e Manuel Vázquez e publicada pola Editorial Galaxia no ano 1995 baixo o título Un estudio en escarlata. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Iglesias e Vázquez dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais, baixo o título Un estudo en escarlata.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Xabarín (colección literaria)  Biblioteca Galega de Clásicos Universais

Categoría:Obras literarias de 1887 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎