O río Ouro é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a case todo o treito do río Ouro e ao seu esteiro na ría de Fazouro. Esta área de conservación ocupa 109 ha. dos concellos de Alfoz do Castrodouro, Foz e Valadouro. Destaca pola ter poboación de salmón e unha flora de augas de ribeira ben conservada.

Fauna e flora Flora No río de Ouro destacan os hábitats costeiros e a súa diversidade na vexetación propia desas condicións de salinidade. Así mesmo a flora asociada ás dunas da ría e os queirogais costeiros de Erica vagans.

Fauna As especies da fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:

Grupo Especie Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Lucanus cervus Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) Invertebrados Oxygastra curtisii Peixes Chondrostoma polylepis Peixes Petromyzon marinus Peixes Salmo salar Anfíbios Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta schreiberi Réptiles Lacerta monticola Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación O río Ouro foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.

Galería de imaxes

Notas

Río Ouro