Os sonetos a Orfeu (en )O título completo é Die Sonette an Orpheus: Geschrieben als ein Grab-Mal für Wera Ouckama Knoop (traducido como Os sonetos a Orfeu: escritos como unha homenaxe a Wera Ouckama Knoop) son un ciclo de 55 sonetos escritos en 1922 polo poeta bohemio-austríaco Rainer Maria Rilke (1875–1926). Foi publicado por vez primeira o ano seguinte. Rilke, que é "amplamente recoñecido como un dos poetas máis líricos da lingua alemá,"Biography: Rainer Maria Rilke 1875–1926 on the Poetry Foundation website. Consultado o 2 de febreiro de 2013. escribiu o ciclo nun período de tres semanas experimentando o que describiu como unha "salvaxe tempestade creativa".Polikoff, Daniel Joseph. In the Image of Orpheus Rilke: a Soul History. (Wilmette, Illinois: Chiron Publications, 2011), 585-588. Inspirado pola nova da morte de Wera Ouckama Knoop (1900–1919), unha compañeira de xogos da filla de Rilke, Ruth, dedicoullos como unha homenaxe, ou Grab-Mal (literalmente "lápida"), na súa memoria.Freedman, Ralph. Life of a Poet: Rainer Maria Rilke. (Evanston, Illinois: Northwestern University Press, 1998).
Foi traducido ó galego por Lois Tobío Fernández e publicado en 1980 por Ediciós do Castro. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Tobío Fernández dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Biblioteca Galega de Clásicos Universais Bibliografía . Rainer Maria Rilke: Die Sonette an Orpheus. Mit einem Nachwort von Ulrich Fülleborn. Suhrkamp, Frankfurt am Main 1955. Rainer Maria Rilke: Duineser Elegien. Sonette an Orpheus. Nach den Erstdrucken von 1923 kritisch hrsg. v. Wolfram Groddeck. Reclam, Stuttgart 1997, ISBN 3-15-009624-3.
Categoría:Obras literarias de 1923 Categoría:Obras literarias en alemán Categoría:Obras traducidas do alemán ao galego