Xoana I de Nápoles, nada en Nápoles en 1326 e finada en 1382, foi raíña de Nápoles, condesa da Provenza e princesa de Acaia.
Traxectoria
Orixes familiares Filla de Carlos de Calabria, duque de Calabria, e da súa segunda esposa María de Valois. Era neto por liña paterna do rei Roberto I de Nápoles e Violante de Aragón, e por liña materna do duque Carlos I de Valois e da condesa Margarida de Anjou.
Nupcias Para tentar asegurar a sucesión da coroa casou catro veces, pero sen obter descendencia de ningún deles:
O 26 de setembro de 1343 xunto ao seu curmán, o príncipe André de Hungría, fillo do rei Carlos I Roberto de Hungría. O 20 de agosto de 1346 en Roma co seu curmán Lois I de Taranto. O 14 de decembro de 1362 co rei Xaime IV de Mallorca. O 28 de marzo de 1376 en Nápoles co duque Otón IV de Brunswick.
Ascenso ao trono En 1328 o seu pai Carlos de Calabria morreu prematuramente. Como resultado deste feito, foi nomeada sucesora do Reino de Nápoles e en 1343, con só 17 anos, foi coroada raíña. Pola súa mocidade contou co apoio do papa Clemente VI, que mandou o cardeal Americo de Saint Martin que a coroase raíña en agosto de 1344 en Roma.
Conflito con Hungría O asasinato do primeiro marido André de Hungría en 1345, probabelmente baixo as súas propias ordes, provocoulle a inimizade dos anxevinos do Reino de Hungría, que intentaron invadir o Reino de Nápoles e tivo que negociar a paz co Reino de Sicilia tras a invasión de Ramón de Peralta. Só o seu segundo marido, Lois I de Taranto, conseguiu facerse coroar como rei consorte en 1353.
Cisma de Occidente Durante o Cisma de Occidente, Xoana I apoiou o papado de Aviñón, e aliñouse co Reino de Francia adoptando como fillo e sucesor o Conde de Anjou Lois I de Anjou, fillo do rei Xoán II de Francia. Como resultado, o papa romano Urbano VI excomungou e retirou os reinos a Xoana, que orixinalmente foron concedidos á Primeira Dinastía Capetiana de Anjou-Sicilia e concedeullos a Carlos, duque de Durazzo. Co apoio húngaro, Carlos de Durazzo invadiu o Reino de Nápoles e en 1381 capturou a raíña Xoana I.
Morte e guerra de sucesión no Reino de Nápoles Despois de ser encarcerada, Xoana morreu esganada no castelo de San Fele o 22 de maio de 1382. Estalou unha guerra de sucesión entre o invasor Carlos, duque de Durazzo e o fillo do rei Lois I de Anjou, a quen Xoana adoptara anteriormente.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ligazóns externas
Categoría:Casa de Valois Categoría:Reis de Nápoles Categoría:Nados en 1326 Categoría:Finados en 1382 Categoría:Nados en Nápoles Categoría:Condes da Provenza Categoría:Cisma de Occidente Categoría:Príncipes de Acaia