«Wat een geluk» (en galego: «Que sorte») é unha canción composta por Dick Schallies e interpretada en neerlandés, por separado, por Rudi Carrell e Annie Palmen. Lanzouse como sinxelo en 1960 mediante Omega Records e Polydor Records, respectivamente. Foi elixida para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión de 1960 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1960.
Festival de Eurovisión 1960 miniatura|esquerda|Annie Palmen e Rudi Carrell, intérpretes da canción, tras gaña-lo Nationaal Songfestival 1960 coa canción. Selección «Wat een geluk» cualificouse para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión 1960 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1960, onde foi interpretada por separado polos cantantes Annie Palmen e Rudi Carrell.
No festival A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada por Rudi Carrell. A orquestra foi dirixida por Dolf van der Linden.
Foi interpretada en décimo lugar, seguindo a Suíza con Anita Traversi interpretando «Cielo e terra» e precedendo a Alemaña con Wyn Hoop interpretando «Bonne nuit, ma chérie...». Ao final das votacións, a canción recibiu 2 puntos, obtendo o duodécimo posto de 13.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Países Baixos no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua neerlandesa Categoría:Cancións de 1960 Categoría:Sinxelos de 1960 Categoría:Cancións de Eurovisión 1960 Categoría:Cancións dos Países Baixos en Eurovisión