Medina é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia de Medina, da que é capital. É coñecido como «A Porta do Chairo». Atópase a 192 km ó leste de Bogotá.

Polos seus 1192 km² de extensión territorial, Medina é o concello máis extenso de Cundinamarca. A cabeceira municipal atópase a unha altitude de 520 ms.n.m., e a temperatura media anual é de 25 °C.

Historia Época precolombiana Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Medina estivo habitado por grupos pertencentes a pequenas comunidades indíxenas teguas. É posible que mantivesen algunha relación de intercambio comercial co cacicado de Guatavita, co que intercambiarían produtos como algodón, millo e yopo. Non resulta claro que tipo de organización social existía entre eles, e o único vínculo que superaba a súa absoluta autonomía era a suxeición ó cacique muisca de Guatavita.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca