Paime é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia de Rionegro, a 141 km de Bogotá, pola vía norte. Este concello ten aproximadamente 6.700 habitantes, que se distribúen en 4 inspeccións e 36 vereas. Paime limita con Yacopí, Topaipí, Villagómez, San Cayetano, e os concellos de Muzo, e Coper en Boyacá.

Historia En 1594 os primeiros españois que poboaron o territorio de Paime déronlle o nome de "Villa de San Roque de Mencipá", na honra do cacique Mencipá, que gobernaba aquela rexión, pero anos despois o poboado foi chamado Paime en recordo dunha vila francesa chamada Panne.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca