Quebradanegra é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Gualivá, a 113 km ó noroeste de Bogotá.

Historia Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Quebradanegra estivo habitado polos indíxenas panches. En 1694 fundouse a primeira vila, na zona baixa do alto no que se erixe a actual cabeceira municipal. En 1784 foi trasladado á localización actual, sobre o Alto de Morera, por xestión do cura párroco Fernando Ávila y Martínez, auspiciado por Manuel de Ávila, doante dos cartos para a construción da igrexa de San Roque, que na actualidade forma parte da Diocese de Facatativá.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca