Fernando Salgado Varela, nado en Cerdedo Cotobade o 7 de setembro de 1959, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Neto de Francisco Varela Garrido. Traballou en Diario de Galicia, Atlántico Diario e La Voz de Galicia. É delegado de Diario de Pontevedra na comarca do Salnés. Colaborou en Tempos Novos, A Trabe de Ouro, Ardentía e Sustansia. Tamén colabora con Radio Arosa.
Obras Elefantes y Hormigas (2013). Recrea a traxectoria de Stergios Patakioutas Skrimbas (Macedonia-Grecia) ao que obrigaron a subir a un camión en Salónica cando tiña trece anos para rematar nun campo de concentración nazi na Alemaña. El humo del diablo (2015). O mundo da cocaína e o bazuko, protagonizada por José Antonio Iglesias Prieto, enxeñeiro nado en Portonovo, que acabou acabou vivindo en Colombia vendendo lixo. El fútbol en Galicia (2016). Deputación de Pontevedra. 293 páxs. ISBN 978-84-8457-445-3. 1306/36 (2018). Biografía de Pancho Varela (Francisco Eloy Agapito Constantino Varela Garrido), fillo do alcalde de Cerdedo (Pontevedra), xornalista e activista social de esquerdas que foi fusilado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937. Papel de estraza (2022). Con Juan Otero (Genito). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-510-8. Sobre o goberno independente e utópico para A Illa de Arousa, declarado ao fío da revolución de outubro de 1934. ¿Qué miras? (2023). Ed. Carlos Crespo Gómez. 164 páxs. ISBN 978-84-09-55033-3. Narra a vida de Susi Maquieira Velay, unha muller con acondroplasia nacida en Cuntis e de 52 anos, á que os seus 110 centímetros non lle supuxeron un freo. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fernando Salgado Varela: "Coa memoria, a guerra non estará de todo perdida". (18/9/2018). Faro de Vigo Francisco Varela Garrido
Categoría:Xornalistas de Cerdedo Cotobade Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1959