Song Hye-rang (), nada en 1935, é unha escritora norcoreana.

Traxectoria O seu pai era un rico terratenente surcoreano emigrou ao norte por razóns políticas, e a súa nai era editora do periódico oficial norcoreano Rodong Shinmun. A irmá máis nova de Song, a coñecida actriz Song Hye-rim, comezou en segredo un romance con Kim Jong-il contra os desexos do seu pai Kim Il-sung a finais da década de 1960 ou principios da de 1970, o que rematou co divorcio forzado de Hye-rim co seu esposo. Hye-rang soubo da situación o 10 de maio de 1971, cando Kim chegou á súa residencia en medio da noite para informala de que deixara embarazada a súa irmá máis nova. Cinco anos despois Hye-rang fíxose responsable de criar a Kim Jong-nam, o fillo produto dese embarazo; o seu pai non estaba disposto a deixalo asistir á escola por medo a que se revelase o segredo da súa familia. Hye-rim mudouse á casa da súa irmán xunto con Ri Han-yong e Ri Nam-ok, o seu fillo e a súa filla, para que o pequeno Kim Jong-nam non estivese só. Kim Jong-il manexou coidadosamente as súas vidas para asegurarse de que o seu pai non coñecese a súa relación continua; Pasaron a maior parte do tempo en residencias no leste de Pyongyang e Chungsangdong, e mesmo viaxando ao estranxeiro a Xenebra e Moscova.

En 1982 o fillo de Song Hye-rang desertou a Corea do Sur, e a súa filla seguiuna dez anos despois. A propia Song desertou en Xenebra en febreiro de 1996, portando só as súas medicinas, o seu diario e un libro de contos de Anton Chekhov. Despois da súa deserción escondeuse no campo europeo por medo a que a matasen, viaxando cunha muller xaponesa non identificada; o seu fillo foi asasinado a tiros preto da súa casa en Gyeonggi-do, Corea do Sur, por asaltantes descoñecidos ao ano seguinte. Agora Song Hye-rang vive nun lugar non revelado en Europa.

Obra

등나무집:성혜랑 자서전 ("Wisteria House: a autobiografía de Song Hye-rang"; 2000) 北朝鮮はるかなり―金正日官邸で暮らした20年 ("Adeus, Corea do Norte. 20 anos vivindo no palacio de Kim Jong-il; 2001)

Notas

Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Corea do Norte Categoría:Escritores de Corea do Norte Categoría:Escritores en lingua coreana Categoría:Desertores Categoría:Personalidades sen imaxes