John George Kemeny, nado como Kemény János György en Budapest o 31 de maio de 1926 e finado en Lebanon (New Hampshire) o 26 de decembro de 1992 foi un matemático, científico computacional e profesor estadounidense de orixe húngara, coñecido por desenvolver a linguaxe de programación BASIC en 1964 con Thomas E. Kurtz. Kemeny foi o 13.º presidente de Dartmouth College entre 1970 e 1981 e foi un pioneiro no uso de computadoras na educación universitaria. Kemeny presidiu a comisión que investigou o accidente de Three Mile Island en 1979. Segundo György Marx formou parte do grupo denominado The Martians.
Traxectoria Primeiros anos Kemeny naceu en Budapest (Hungría) nunha familia xudía. Asistiu á escola primaria Rácz en Budapest e foi compañeiro de clase de Nandor Balazs. En 1938 o seu pai marchou só aos Estados Unidos e en 1940 levou a toda a familia Kemeny cando a adopción da segunda lei antixudía en Hungría era inminente. Porén, o seu avó rexeitou fuxir e faleceu no holocausto, igual que un tío e unha tía. A familia de Kemeny estableceuse en Nova York, asistindo ao George Washington High School. Graduouse coas mellores notas da súa clase tres anos máis tarde. En 1943 Kemeny ingresou na Universidade Princeton onde estudou matemáticas e filosofía, mais deixou os estudos durante un ano para traballar no proxecto Manhattan en Los Alamos National Laboratory. O seu xefe aló foi Richard Feynman e tamén traballou con John von Neumann. De volta a Princeton, Kemeny graduouse en 1947 e comezou a traballar no seu doutoramento con Alonzo Church, tamén en Princeton. Traballou como axudante matemático de Albert Einstein durante o seu graduado. Aos 23 anos, Kemeny recibiu o seu doutoramento en 1949 pola súa tese titulada "Type-Theory vs. Set-Theory".
Carreira Kemeny foi aceptado no departamento de matemáticas de Dartmouth como profesor en 1953, aos 27 anos. Dous anos despois converteuse no xefe do departamento, conservando o posto ata 1967.
Kemeny arriscouse no desenvolvemento do currículo intoducindo clases de matemáticas finitas. Uniuse con Gerald L. Thompson e J. Laurie Snell para escribir Introduction to Finite Mathematics (1957) para os estudantes de bioloxía e ciencias sociais. Os profesores do departamento de matemáticas de Dartmouth tamén escribiron Finite Mathematical Structures (1959) e Finite Mathematics with Business Applications (1962). Outras facultades e universidades seguiron esta tendencia e apareceron libros de texto sobre matemáticas finitas noutros lugares. As cadeas de Markov foron particulamente populares, polo que Kemeny se uniu a J. Laurie Snell para publicar Finite Markov Chains (1960) e proporcionar un libro de texto universitario introdutorio. Considerando os avances polo emprego da teoría potencial obtida por G. A. Hunt, escribiron Denumerable Markov Chains en 1966.J. L. Doob (1966) Review: Denumerable Markov Chains, Este libro de texto, axeitado para seminarios avanzados,Prefacio, páx. vi foi seguido por unha segunda edición en 1976, en que se incluíu un capítulo adicional sobre campos aleatorios por David Griffeath.
Kemeny e Kurtz foron pioneiros no uso de computadoras para a xente corrente. Tras experimentos iniciais co LGP-30, inventaron a linguaxe de programación BASIC en 1964, así como un dos primeiros sistemas de tempo compartido do mundo, o Dartmouth Time-Sharing System (DTSS). En 1974, a American Federation of Information Processing Societies deu un premio a Kemeny e Kurtz na National Computer Conference polo seu traballo no BASIC e no tempo compartido.
Kemeny foi o presidente de Dartmouth entre 1970 e 1981, e continuou a dar clases e investigar e publicar artigos durante ese período. Presidiu a coeducación de Dartmouth en 1972 e tamén instituíu o "Plan Dartmouth", que permitiu a asistencia de máis estudantes sen construír máis edificios. Durante a súa administración, Dartmouth volveuse máis proactivo recrutando e retendo alumnos de minorías e recuperou o seu compromiso fundacional de ofrecer educación aos nativos americanos. Kemeny converteu Dartmouth en pioneira no uso de computadores, igualando o alfabetismo informática co alfabetismo literario. En 1982 volveu ser profesor a tempo completo.
En 1983, Kemeny e Kurtz cofundaron unha compañía chamada True BASIC, Inc. para comercializar o True BASIC, versión actualizada da linguaxe.
Falecemento miniatura|Placa conmemorativa a John George Kemeny no seu antigo domicilio John Kemeny faleceu aos 66 anos dun fallo cardíaco en Lebanon, New Hampshire o 26 de decembro de 1992. Vivira en Etna, preto do campus de Dartmouth.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas The Papers of John G. Kemeny in the Dartmouth College Library Posted in the article with permission from Dartmouth College Dartmouth Wheelock Succession Bio at Bellevue C.C. site A sketch of John Kemeny for the Dartmouth Alumni Magazine Interview with Kemeny about his experience at Princeton True Basic Inc. information
Categoría:Nados en Budapest Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Estadounidenses de ascendencia húngara Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Matemáticos de Hungría Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Profesores