O río Cuanza, tamén grafado Kwanza na lingua local e, antes de 1911, Coanza,Baynes, Thomas Spencer, ed. (1878): Encyclopædia Britannica, Ninth Edition, Volume VI. páxina 81. é o maior río de curso exclusivamente angolano.
Xeografía O río Cuanza nace en Mumbué, municipio do Chitembo, provincia de Bié, na Meseta Central de Angola.
O seu curso, de 960 km, deseña unha gran curva de norte a oeste, antes de desaugar no océano Atlántico, na barra do Cuanza, a uns 50 km ao sur da capital, Luanda.
A súa conca hidrográfica ten unha extensión de 152 570 km² (unha superficie maior que a de Bangladesh ou o Nepal), sendo o único río plenamente navegábel, durante cerca de 258 km, desde a foz até o Dondo.
miniatura|esquerda|200px|A Central de Capanda.
As centrais hidroelécticas de Cambambe, Capanda e Laúca producen gran parte da enerxía eléctrica consumida en Luanda. Ademais, os seus encoros fornecen auga para a irrigación de plantacións de cana de azucre e outros cultivos no val do Cuanza.
No seu maior afluente, o río Lucala, encóntranse as grandes Fervenzas de Calandula.Que antes de 1975 eran coñecidas como Fervenzas do Duque de Bragança. Xunto da foz do río encóntrase o Parque Nacional da Quissama.
Historia O curso inferior, navegábel, do río Cuanza foi o berce do antigo reino do Ndongo, tendo tamén sido unha das vías de penetración dos portugueses en Angola no século XVI.Filipe Zau: "A génese do Reino do Ndongo" . Jornal de Angola, 5 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de setembro de 20119.
A Central Hidroelétrica de Capanda, entre as provincias de Malanje e Cuanza Sul, cuxa construción se iniciou en 1987 e se rematou en 2007, a cargo da compañía rusa Tekhnopromexport, cun orzamento de 4 mil millóns de US$. Pero tivo un custo adicional de máis de 400 millóns de US $ na reparación dos danos causados durante a ocupación da zona pola Unión Nacional para a Independencia Total de Angola (UNITA) durante a Guerra Civil de Angola entre 1992 e 1999.Capanda Dam . Consultado o 14 de setembro de 2019. A central xera enerxía utilizando catro turbinas de 130 megawatts cada unha, totalizando unha capacidade de 520 megawatts.
Fauna Encontroouse unha rica biodiversidade neste río angolano, segundo unha investigación publicada na web do Science and Development Network. O primeiro reconto da biodiversidade do río Cuanza encontrou até agora 50 especies de peixes. Investigadores do National Fishing Research Institute (Instituto Nacional de Investigación Pesqueira) e do South African Institute for Aquatic Biodiversity (Instituto Surafricano para a Biodiversidade Acuática) afirman que as probas xenéticas poden revelar novas especies."Sub-Saharan Africa news in brief: 13–25 March, 2008". SciDev.Net (website). Consultado o 14 de setembro de 2090.
Particularidades O río dá o seu nome a dúas provincias de Angola, Cuanza Norte, na súa marxe norte, e Cuanza Sul, na marxem oposta, así como, desde 1977, á unidade monetaria nacional, o kwanza.Henriques, Raul Pinheiro (2013): Designação de unidades monetárias em português: Léxico e normalização linguística . Lisboa: Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa. Departamento de Linguística Geral e Românica. Consultado o 14 de setembro de 2019.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Baynes, Thomas Spencer, ed. (1878): Encyclopædia Britannica, Ninth Edition, Volume VI. p. 81.
Outros artigos Bié Cuanza Norte Cuanza Sul
Ligazóns externas Map of the Cuanza River basin at Water Resources eAtlas.
Categoría:Ríos de Angola