Ramiro Granja González, nado en Filgueira (Lalín) en 1889 e finado en Tenorio (Cerdedo Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un sindicalista galego.

Traxectoria Foi un dos fundadores da Sociedad obrera de Ponte-Nova de Donsión en 1931 e acabou sendo elixido presidente da mesma en 1936. En maio dese ano Luís Frade nomeouno axente executivo para o cobro de impostos municipais. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acudiu a Lalín con varios compañeiros da sociedade o día 19. Participou na reunión con Manuel Ferreiro do día seguinte. Foi detido o 1 de setembro e internado no Cuartel da Falanxe. Alí foi torturado, obrigado a asinar unha declaración inculpatoria e a entregar os libros da sociedade, que serviron aos falanxistas para practicar novas detencións. Foi trasladado o 4 de novembro á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outros dez de Lalín e Arbo, para asasinalos na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).

Vida persoal

Casou con Balbina Barcala, tivo seis fillos.

Véxase tamén Bibliografía

Igrexas, Manuel: "A masacre dos líderes obreiros en Tenorio" (30/8/2012) en Historias de Deza. Ligazóns externas Ficha en memoria da Coruña

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Lalín

Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos