Primo López Rivadulla, nado en Vila de Cruces en 1910 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria Secretario xudicial, era funcionario municipal do concello de Carbia. Promotor e director do grupo teatral Liga de Amigos da Vila de Cruces.A Liga de Amigos de Vila de Cruces Foi secretario de Izquierda Republicana e da Fronte Popular de Carbia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Santiago de Compostela, onde foi localizado e detido pola Garda Civil de Cruces o 15 de agosto. Foi trasladado a illa de San Simón, a espera de xuízo. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro por rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,El Progreso, 8-1-1937, p. 3. foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937 ás 17:30 con Manuel Sarmiento Debén, Eduardo Brea Cajide e Antonio Gómez López.Diario de Pontevedra, 27-1-1937, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Igrexas, Manuel: "Os fusilados de Vila de Cruces" (29/8/2012) en Historias de Deza.
Ligazóns externas Vítimas da represión franquista en Vila de Cruces
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos