No corpus literario do antigo nórdico, o berserker (ou "berserk"; ) era un guerreiro que supostamente loitaba con furia en estado de transo. Os berserkers aparecen documentados en numerosas fontes do nórdico antigo, e o seu nome pódese interpretar literalmente como "abrigos de oso", xunto con úlfhéðnar ("abrigos de lobo").

Etimoloxía O termo deriva dos termos en nórdico antigo ber-serkr (en plural ber-serkir) que posiblemente quere dicir "camisa de oso" ou "abrigo de oso", como un guerreiro salvaxe ou un campión da era viquinga, aínda que esta interpretación é controvertida.An Icelandic-English Dictionary por Richard Cleasby e Gudbrand Vigfusson (1874) p. 61 O elemento ber- foi interpretado polo historiador do século XIII Snorri Sturluson como "espido", segundo o cal se entende que os guerreiros entraban en batalla co torso espido, ou sen armadura. Esta palabra tamén é usada en ber-skjaldaðr que quere dicir "espido de escudo", ou sen escudo. Outros derivan este termo de berr (do alemán, bär = oso); O punto de vista de Snorri foi amplamente abandonado.

Orixe Algúns autores afirman que esa tradición guerreira tivo orixe na maxia da cazaJones & Pennick (1997), pp. 154-156 aparecendo, principalmente, tres cultos relacionados con animais: o oso, o lobo e o xabaril.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Mitoloxía nórdica Categoría:Era viquinga