Robert Newton, nado en Shaftesbury, Dorset, o 1 de xuño de 1905 e finado nos Ánxeles o 25 de marzo de 1956, foi un actor inglés.
Traxectoria A súa filmografía inclúe varios malvados famosos: Bill Sikes, na versión de Oliver Twist de David Lean (1948), Javert na película Les Misérables de 1952 e o Inspector Fix na súa derradeira película, Arredor do mundo en oitenta días (1956.
Mais o seu personaxe máis notábel é o de Long John Silver, no filme A Illa do Tesouro, de Walt Disney Pictures (1950). A este seguiron outro, sen relación, titulado Retorno á Illa do Tesouro (1954) e mesmo unha serie de televisión en 13 episodios. A súa representación de John Long Silver converteuse co tempo no prototipo do pirata. Newton tamén representou o outro famoso pirata de Bristol, Barbanegra, na película Barbanegra, pero nunca chegou á altura de Long John Silver.
Newton apareceu en papeis principais en dous filmes baseados na novela curta de W. Somerset Maugham Vessel of Wrath: o controlador holandés na versión de 1938 e o papel principal en The Beachcomber (1954). Protagonizou como o sombreireiro James Brodie O Castelo de Hatter (1945) e tamén estivo no Henrique V de Laurence Olivier (1944).
Sobre o escenario, apareceu en moitas obras de Noel Coward.
Xunto con Errol Flynn, Newton foi un dos actores máis populares entre o público xuvenil masculino dos anos 1940 e primeiros 1950, especialmente entre os británicos. Morreu dun ataque ao corazón aos 51 anos.
Filmografía Fire Over England (1937) Jamaica Inn (1939) Major Barbara (1941) This Happy Breed (1944) Odd Man Out (1947) Oliver Twist (1948) Treasure Island (1950) Tom Brown's Schooldays (1951) Soldiers Three (1951) Les Misérables (1952) O pirata Barbanegra (1952) Androcles and the Lion (1952) The Desert Rats (1953) The Beachcomber (1954) The High and the Mighty (1954) Return to Treasure Island (tamén coñecida como Long John Silver) (1954) A volta ao mundo en oitenta días (1956)
Véxase tamén Ligazóns externas Robert Newton na IMDb
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Dorset