miniatura|270px|Mapa étnico de Angola en 1970 (A área dos chócue e os lunda en cor parda). O pobo chócue,Portal da Língua Portuguesa. ou chokwe,Tamén escrito chókwé, cókwè, tchocué e côkwe, esta última é a forma oficial na lingua chócue, adoptada oficialmente en Angola ao se fixaren as normas para a escrita da lingua. é unha etnia bantú que se concentra sobre todo no nordeste de Angola e nunha larga faixa que desde alá se estende até ao sur do país, pero tamén no extremo suroeste da República Democrática do Congo e no extremo noroeste de Zambia.
Outros nomes Nos tempos coloniais foron adoptadas diversas variantes, algunhas aportuguesadas, outras atribuídas aos pobos chócues, polo que poden aparecer citados na bibliografía como quiocos, chocué, ciokwe, djok, shioko, tchocué, tshokwe, tchokwe e tschiokloe.
Lingua O idioma dos chócue é a lingua chócue, ou chokwe (ISO 639-3: cjk), pero moitos individuos falan hoxe outros idiomas como lingua franca: portugués en Angola (aínda que pouco fóra das cidades), francés na R. D. do Congo, e inglés en Zambia.Cokwe en www.ethnologue.com. Consultado o 22 de setembro de 2019.
Historia Historicamente, os chócue estiveron envoltos no colapso do reino Lunda e, no nordeste de Angola continúan a vivir nunha estreita cohabitación coa etnia lunda. A súa migración cara ao sur, onde moitas veces se estableceron algúns grupos en espazos non utilizados por outras etnias, continuou até mediados do século XX. A cohesión entre ambas as etnias debe moito a unha rede de autoridades tradicionais que inclúe o seu habitat nos países veciños. En termos económicos, a súa base continúa a ser a agricultura de subsistencia, así como a caza. Até o día de hoxe móstranse pouco abertos ao cristianismo, salvo cando pasan a establecerse en contextos urbanos.José Redinha (1975): Etnias e culturas de Angola. Luanda: Instituto de Investigação Científica de Angola.
Os chócue implicáreonse pouco na guerra anticolonial e na guerra civil angolana. Despois da independencia de Angola, foron a única etnia que, nas dúas primeiras eleccións parlamentarias, conseguiu que foran elixidos deputados dun pequeno partido, o PRS (Partido de Renovação Social), que representa os seus intereses específicos.
Etnoloxía Relixión Na súa relixión tradicional, "Kalunga" é o creador e o poder supremo. Ademais, segundo as descricións etnográficas da primeira metade do século XX, existen os "mahamba", varios espíritos ancestrais (espíritos dos mortos) e espíritos da natureza, que se veneran e que se encontran en cultos dos poseídos. Os espíritos indutores dos cultos son, sobre todo, a serpente da fertilidade, o paxaro da fertilidade ("kajila") e o can sagrado (tamén o león, "kawa, muta" ou "tambwe"). A posesión exprésase nunha enfermidade, moitas veces nunha enfermidade nerviosa. Despois do diagnóstico, o sandador/adiviño coloca ao paciente nun estado de transo e realiza cerimonias que, nalgúns casos, van acompañadas de cantos e música de tambor. Un espírito ancestral especial é o espírito adiviñador ("ngombo"), do cal o adiviño —normalmente masculino— está posuído para practicar a súa actividade. O espírito "chikusa" é un espírito de máscara que subministra fertilidade e sorte na caza. "Kalamba" é unha mente que se sente esquecida e, polo tanto, pode causar unha enfermidade nas persoas para chamar a atención. Debe ser ofrendado, en imaxe, o nunha festa celebrada no seu honor. A estes espíritos tradicionais únense outros espíritos coloniais, como os europeos chamados "chindele". Os posuídos por el comenzan a bailar en transo cun coitelo e un garfo e ofrendan a comida europea (pan, viño ou augardente).Beatrix Heintze (1970): Besessenheits-Phänomene im mittleren Bantu-Gebiet. Wiesbaden: Franz Steiner, pp. 20-30.
Arte Desde unha perspectiva etnolóxica, os chócues destacan pola súa tradición artística, particularmente polas súas esculturas e máscaras.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Augusto Guillerme Mesquitela Lima (1971): Fonctions sociologiques des figurines de culte hamba dans la société et dans la culture tshokwé (Angola). Luanda: Instituto de Investigação Científica de Angola. Boris Westiau (2006): Chokwe. Milano: Cinque Continenti. João Vicente Martins (1997): Os Tutchokwe do Nordeste de Angola. Tese de doutoramento en antropoloxía. Lisboa: Universidade Nova de Lisboa. Jospeh C. Miller (1969): Chokwe Expansion 1850-1900. Madison: Wisconsin University. Joseph C. Miller (1970): "Chokwe trade and conquest", en: Richard Gray & David Birmingham, eds. Precolonial African Trade. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1921-5639-6, pp. 175–201. Manuel Laranjeira Rodrigues de Areia (1985): Les symboles divinatoires: Analyse socio-culturelle d'une technique de divination des Cokwe de l'Angola (Ngombo ya Cisuka). Coimbra: Instituto de Antropologia. Universidade de Coimbra. Manuel Laranjeira Rodigues de Areia (2003): The Chokwe and their Neighbours. Zürich: Jean David & Gerhard Merzeder. ISBN 978-3-9522-4951-2. Manuel Jordán, ed. (1988): Chokwe!: art and initiation among the Chokwe and related peoples. München/New York: Prestel. ISBN 3-7913-1997-3. Marie Louise Bastin (1982): La sculpture tshokwe. Meudon: Alain et Francoise Chaffin. ISBN 978-2-9040-0500-8.
Outros artigos Lingua chócue
Ligazóns externas Beatrix Heintze: Angola nos séculos XVI e XVII. Estudos sobre Fontes, Métodos e História .
Categoría:Grupos étnicos de Angola Categoría:Grupos étnicos da República Democrática do Congo Categoría:Grupos étnicos de Zimbabwe