Khalidah Adibah binti AminEste é un nome malaio; o nome Amin é un patronímico, non un apelido de familia, e a persoa debe ser referida polo nome dado, Khalidah Adibah., nada en Johor Bahru o 19 de febreiro de 1936, é unha escritora, columnista, docente e actriz malaisiana.
Traxectoria
Filla máis vella de Ibu Zain, un editor de revistas, e de Tan Sri Zainon Sulaiman, quen loitou pola independencia de Malaisia a través de Tunku Abdul Rahman. Estudou Literatura inglesa na Universidade de Malaia, licenciándose en 1957. Desde 1958 traballou como profesora, e en 1970 pasou a dirixir a Sekolah Menengah Sri Puteri, en Kuala Lumpur.
Nas décadas de 1970 e 1980 colaborou como columnista no New Straits Times, co pseudónimo de Sri Delima. As columnas foron reeditadas en forma de libro en 2009. Escribiu tres novelas en lingua malaia, e unha novela en lingua inglesa.
Obra Bangsawan Tulen Seroja Masih di Kolam (1968) Tempat Jatuh Lagi Dikenang (1983) This End of the Rainbow (2006)
Tamén escribiu obras de teatro radiofónico e contos.
Notas
Categoría:Escritores de Malaisia Categoría:Escritores en lingua malaia Categoría:Nados en Malaisia Categoría:Xornalistas de Malaisia Categoría:Nados en 1936 Categoría:Alumnos da Universidade de Malaia