Para persoas chamadas Bosón, consulte a páxina de homónimos Bosón.

Bosón de Arles ou Bosón I de Arles, nado en 885 e finado en 936, tamén chamado Bosón VI da Provenza, conde de Aviñón e Vaison (911-931), conde de Arles (926-931) e marqués de Toscana (931-936).

Era fillo de Teobaldo de Arles O pai de Bosón, Teobaldo de Arles (850-895), conde de Arles e Vienne, era o curmán de Bosón, rei de Borgoña Cisxurana de 879 a 887 e de Berta de Lotarinxia, filla ilexítima de Lotario II de Lotarinxia.

Traxectoria En 926, sucedeu ao seu irmán Hugo de Arles como Conde de Arles cando este deixou Arles para ir a Italia. Bosón de Arles tamén se vai implicar en Italia e foi nomeado marqués de Toscana no 931 polo seu irmán despois da deposición de Lamberto de Toscana. Na Provenza, Bosón foi entón substituído polo seu xenro, o marido da súa filla Berta e fillo de Ricardo o Xusticeiro, tamén chamado Bosón e coñecido como Bosón I (895-935). Para a discusión sobre este Bosón véxase Bosón II de Arles Bosón de Arles tamén interveu en Lorena contra Henrique I de Alemaña.

Finalmente foi deposto e arrestado en 936. Frédéric de Gingins-La-Sarra - Mémoires pour servir à l'histoire des royaumes de Provence et de Bourgogne-Jurane - 1851, páxina 97, a e substituído por un fillo ilexítimo de Hugo: Huberto. De feito, Bosón de Arles foi probabelmente asasinado por orde do seu irmán Hugo. A instancias da súa muller Wila, intentaría un golpe de Estado contra Hugo.

Xenealoxía Dunha primeira muller non identificada, tería un fillo:

Rotbaldo o Vello ou Rotboldo o Antigo (circa 907-936) que casou con Ermengarda de Aquitania, filla de Guillerme o Piadoso, e foi asasinado polo seu tío o rei Hugo en 936.

Casou despois con Willa de Borgoña, filla de Rodolfo I de Borgoña e Willa da Provenza. Desta unión naceron catro fillas"Bertam, Willam, Richildam et Gislam" son citadas (en orde) como as catro fillas de Bosón e Willa por Liutprando en os condes da Provenza :

Berta de Arles (antes de 912 - despois de 18 de agosto 965), condesa de Arles que casou probabelmente en 924 As datas de 931 e 933 son ás veces avanzadas. Pero Berta estaba xa casada cando seu pai marchou a Italia en 931; a data de 924 é, xa que logo, máis probábel, malia a pouca idade da noiva con Bosón I (895-935) A data de defunción deste Bosón é discutida , fillo do duque de Borgoña, Ricardo o Xusticeiro. Bosón era abade laico da abadía de Saint-Pierre de Moyenmoutier e da abadía de Remiremont nos Vosges. Cando quedou viúva, Berta de Arles casou en 936 con Ramón II († 961 ), conde de RouergueAtópase tamén pola ligazón as datas de 935 e 940. Tamén se di que acolleu ao seu tío Hugo de Arles en Arles en 947. Willa III (912-970), que foi raíña de Italia en 930 ao casar con Berengario II, rei de Italia . Riquilda. Xisela. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Os condes da Provenza

Categoría:Nados en 885 Categoría:Finados en 936 Categoría:Condes de Aviñón Categoría:Condes de Arles Categoría:Marqueses de Toscana