Unión Nacional (UN) foi unha coalición política española de extrema dereita que se presentou ás eleccións xerais de 1979. Estaba formada por Forza Nova, Falange Española de las JONS, Círculos Doctrinales José Antonio, Comuñón Tradicionalista, Agrupación de Juventudes Tradicionalistas e Confederación Nacional de ExcombatientesRodríguez Jiménez (1994), p. 333Fernández Amador (2014), p. 884 e representaba ás forzas políticas defensoras do franquismo.
Traxectoria Tiña como precedente á coalición Alianza Nacional 18 de Xullo, que se presentou ás eleccións de 1977 pero sen obter representación parlamentaria. Nas eleccións do 1 de marzo de 1979, as primeiras que tiveron lugar en España despois de ser aprobada a constitución de 1978 obtivo, en toda España, 378.964 votos (2,1%) e un deputado na persoa de Blas Piñar. O escano obtívose en Madrid con 110.730 votos (4'8%), pero obtivo porcentaxes significativas nas circunscricións de Toledo (7'31%), Guadalaxara (6,65 %), Cidade Real (4,11 %), Santander (3,92 %), Burgos (3,85 %) e Valladolid (3,67 %).
A relación entre os grupos que conformaron a coalición foi empeorando progresivamenteRodríguez Jiménez (1991), p. 283 polo que se desfixo e xa non se presentou ás eleccións de 1982. Ningunha das formacións políticas integrantes puido, por separado, revalidar o escano obtido en 1979.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Coalicións electorais de España Categoría:Partidos políticos de extrema dereita de España