Reiner Klimke, nado en Münster o 14 de xaneiro de 1936 e finado na mesma cidade o 17 de agosto de 1999, foi un deportista en equitación alemán, que gañou seis medallas de ouro e dúas de bronce en doma clásica nos Xogos Olímpicos,Reiner KLIMKE , páxina web 'Beijing2008'. un récord para os deportes hípicos que foi superado posteriormente. Participou en seis olimpíadas entre 1960 e 1988, excluídas as de 1980 que foron boicoteadas pola República Federal Alemá.

Traxectoria deportiva Klimke estudou con Harry Boldt e Gustaf Rau.

Gañou o ouro por equipos en 1964, 1968 (ambos sobre Dux), 1976 (sobre Mehmed), 1984 e 1988 (ambos con Ahlerich), e o ouro individual en 1984 sobre Ahlerich.

As súas dúas medallas de bronce foron en eventos individuais en 1968 e 1976. Klimke tamén tivo un récord no Campionato do Mundo, gañando seis medallas de ouro: dúas individuais en 1974 con Mehmed e en 1982 con Ahlerich, e catro por equipos: 1966, 1974, 1982, 1986.

Nos campionatos de Europa foi o campión individual en 1967, 1973 e 1985 e participou en sete equipos gañadores por Alemaña Occidental (1965, 1973, 1983 e 1985 entre outros). Klimke tamén competiu no concurso completo a comezos da súa carreira. Foi membro do equipo gañador por Alemaña Occidental no concurso de tres días por equipos nos Campionatos de Europa de 1959, e finalizou 18.º no concurso individual nos Xogos Olímpicos de 1960. Tamén gañou un Grand Prix na competición de salto ecuestre en Berlín.

Vida persoal Reiner Klimke era fillo dun psicólogo e unha neuróloga. Coa súa esposa Ruth, tamén destacada amazona, tivo tres fillos: Ingrid, Rolf e Michael. Ingrid compite en concurso completo e doma clásica e gañou unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2008, vinte anos despois da última medalla olímpica do seu pai. Michael tamén compite a nivel de Grand Prix en doma clásica.

Klimke non só cabalgaba e adestraba, senón que dirixiu unha firma de avogados e formou parte de varias directivas, incluído o Comité de Doma Clásica da Federación Internacional de Deportes Ecuestres.

Faleceu dun ataque cardíaco aos 63 na súa cidade natal.El maestro Reiner Klimke , páxina web 'Doma clásica y caballos', 10 de xaneiro de 2015. Antes da súa morte estaba a planear a súa participación nos Xogos Olímpicos de 2000.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Eurodressage article on Klimke

Categoría:Nados en Renania do Norte-Westfalia Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Xinetes e amazonas de Alemaña Categoría:Adestradores de Alemaña Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Equipo Alemán Unificado Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Alemaña Occidental Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola Alemaña Occidental Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1964 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Xinetes e amazonas olímpicos do Equipo Alemán Unificado Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 1964 Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas olímpicos en hípica