David Golder é a primeira novela da escritora Irène Némirovsky. Foi publicada orixinalmente en Francia noa no 1929.

Foi traducida ó galego por Celia Recarey e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné en novembro de 2019.

Sinopse A novela comeza con Golder rexeitando axudar o seu compañeiro de hai anos, Marcus. Por mor disto, Marcus, en bancarrota, suicídase. Despois do funeral, Golder viaxa a Biarritz onde ten unha enorme e opulenta casa. A súa muller e a súa filla residen alí en luxo, gastando os cartos de Golder como auga. No tren sofre un infarto. Gravemente enfermo, vese obrigado a revalorizar a súa vida.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1929 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego