A dos brookesiinos (Brookesiinae) é unha subfamilia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, unha das dúas nas que se subdivide a familia dos camaleónidos (a outra é a dos camaleoninos).

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1986 polos herpetólogos alemáns Charles J. Klaver e Wolfgang Böhme.Klaver, C. & Böhme, W. (1986): "Phylogeny and classification of the Chamaeleonidae (Sauria) with special reference to hemipenis morphology". Bonner Zoologische Monographien 22: 1–64.

Etimoloxía O nome científico, Brookesiinae, está formado, como é a norma, sobre a base da raíz do nome do xénero tipo, Brookesia, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio das subfamilias de animais.

Controversias taxonómicas Na primeira clasificación de Klaver e Böhme, a subfamilia dos Brookesiinae incluía os xéneros Brookesia e Rhampholeon, así como os dous xéneros que despois se separaron deles (Palleon e Rieppeleon),Subfamily Brookesiinae no ITIS. mentres que a dos Chamaeleoninae incluía os xéneros Bradypodion, Calumma, Chamaeleo, Furcifer e Trioceros, así como outros xéneros despois divididos (Archaius, Nadzikambia e Kinyongia). Porén, nese momento, a validez desta clasificación en dúas subfamilias foi obxecto de moitos debates, considerando que a maioría dos estudos filoxenéticos apoiban a idea de que os camaleóns pigmeos da subfamilia dos Brookesiinae non son un grupo monofilético.

Porén, en 2015, Glaw reformulou a división subfamiliar situando só os xéneros Brookesia e Palleon dentro da subfamilia dos Brookesiinae, situándose todos os demais xéneros na dos Chamaeleoninae.<ref name="Glaw 2015">Glaw, F. (2015): "Taxonomic checklist of chameleons (Squamata: Chamaeleonidae)". Vertebrate Zoology 65''' (2): 167–246.</ref>

Clasificación Na actualiade, na subfmilia recoñécene os dous xéneros seguintes: Brookesia J. E. Gray, 1864 Palleon Glaw, Hawlitschek & Ruthensteiner, 2013

Características, distribución e hábitat Os brookesiinos son camaleóns moi pequenos, xa que o seu tamaño oscila entre os 23 e os 29 mm de Brookesia micra até os 9 cm da maioría das especies. A súa cola é rudimentaria, e normalmente só alcanza uns milímetros de lonxitude, non é prénsil como a dos camaleóns vrdadeiros (a subfamilia dos camaeleoninos). Caracterízanse polas súas cores apagadas, principalmente pardas ou verdes, en contraste cos seus parentes, que adoitan teren cores máis vivas.

Encóntranse na África central e Madagascar. Teñen hábitos terrestres ou poden atoparse nos niveis máis baixos de zonas arbustivas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Davison, Linda J. (1997): Chameleons: Their Care and Breeding. Surrey, Columbia Británica, Canadá: Hancock House Publishers. ISBN 978-0-8883-9353-1. Le Berre, François & Bartlett, Richard D. (2009): The Chameleon Handbook''. 3rd Edition. Hauppauge, Estado de Nova York: Barron's Educational Series. ISBN 978-0-7641-4142-3.

Outros artigos Escamosos Lacertilios Iguanios Camaleónidos

Categoría:Saurópsidos Categoría:Escamosos