Gigantopithecus (do grego antigo γίγας gigas "xigante", e πίθηκος pithekos "mono") é un xénero extinto de Hominoidea que existiu probablemente dende hai nove millóns de anos ata hai 100.000 anos, durante o mesmo período no que o Homo erectus se dispersou, no que hoxe é a India, Vietnam, a China e Indonesia, o cal sitúa ó Gigantopithecus no mesmo espazo xeográfico e temporal de moitas outras especies de Hominini. O rexistro fósil do primate suxire que a especie Gigantopithecus blacki foi a meirande especie de primate que xamais existiu, chegando a medir máis de 3 metros e cun peso estimado de 540-600 kg,de Vos, J., 1993. Een portret van Pleistocene zoogdieren: Op zoek naar de reuzenaap (Gigantopithecus) in Vietnam. Cranium, 10(2), pp.123-127. malia que hai expertos que suxiren que podería ter sido moito máis pequeno, de 1,8-2 metros de altura e un peso de 180-300 kg. Baseándose na secuación de péptidos, os seus parentes vivos máis achegados son os orangutáns.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Park, Michael Alan. Biological Anthropology. Mayfield Publishing Co., 1996,
Categoría:Fósiles descritos en 1935