Immersion é o quinto álbum de estudio da cantante galega Guadi Galego. Saíu á venda o 25 de outubro de 2019 baixo o selo de Altafonte Music. Foi editado en CD, vinilo e formato dixital.

Immersion é un traballo de revisión de once temas de tres dos seus discos anteriores en solitario, máis un inédito, cantados en sete linguas peninsulares diferentes: galego, castelán, asturiano, éuscaro, catalán, portugués e aranés. Xa o vídeo da versión orixinal en galego de Recoñecéndome incluíra a lingua de sinais española Recoñecéndome, de Guadi Galego en GuadiGalegoVEVO

Lista de cancións

Galardóns En novembro de 2019, o disco foi galardoado co Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado, un recoñecemento concedido polos territorios de España con lingua propia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do álbum en itunes.apple.com

Categoría:Álbums musicais de 2019 Categoría:Álbums de Guadi Galego