Mamadou Koné, nado en Bingerville (Abidjan, Costa do Marfil) o 25 de decembro de 1991, é un futbolista marfilés. que xoga de dianteiro.

Traxectoria

Racing de Santander Naceu o 25 de decembro de 1991 en Bingerville, no departamento marfilés de Abidjan. Criouse xunto aos seus nove irmáns, quedando pronto orfo de ambos pais. Formouse como futbolista na canteira do ES Bingerville e aos 18 anos deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Rayo Cantabria, co que debutou na Terceira División na tempada 2010/11. Con este equipo disputou esa mesma tempada a promoción de ascenso á Segunda División B.

O 15 de outubro de 2011 debutou co primeiro equipo do Racing de Santander na Primeira División, da man do adestrador Héctor Cúper. Foi na oitava xornada de liga ante o FC Barcelona de Pep Guardiola no Camp Nou, partido no saíu como titular como home máis adiantado. Disputou outros cinco partidos máis co Racing esa tempada, na que o equipo acabou descendendo a Segunda. Na seguinte tempada disputou 5 partidos co filial e 38 co primeiro equipo, e descendeu con ambos conxuntos.

Subido definitivamente ao primeiro equipo, na tempada 2013/14 destacou como un dos mellores dianteiros da Segunda B, anotando 18 goles que o colocaron como o terceiro máximo goleador do grupo I, só por detrás dos galegos Joselu e Manu Barreiro, e contribuíu así decisivamente ao ascenso do Racing a Segunda como campión da categoría de bronce. Na seguinte tempada marcou 7 goles en 15 partidos, ata que en febreiro de 2015 sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito, unha grave lesión que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante os seguintes meses.

Cesión ao Oviedo Para a tempada 2015/16 e tras un novo descenso do Racing, foi cedido ao Oviedo, de Segunda, co que disputou un total de 35 partidos, 24 deles como titular, sumando 6 goles.

Leganés En 2016 desvencellouse do club cántabro e asinou como novo xogador do Leganés, club que viña de ascender por primeira vez na súa historia á Primeira División. No club da Comunidade de Madrid disputou cinco encontros ata outubro, cando se lesionou no nocello esquerdo. Non volveu xogar ningún encontro esa tempada, mentres que na seguinte non contou coa confianza do adestrador Asier Garitano, quen só o aliñou en dous partidos da Copa do Rei.

Cesión ao Eupen En xaneiro de 2018 foi cedido ao KAS Eupen belga, equipo que pelexaba por non descender na Jupiler Pro League. Disputou oito partidos de liga e marcou tres goles, conseguindo a permanencia na derradeira xornada. Xogou ademais sete partidos nos play-offs para a Europa League.

Cesión ao Málaga Na tempada 2018/19 saíu cedido ao Málaga, da Segunda División. No club andaluz tampouco tivo sorte, lesionándose de gravidade en febreiro, coa rotura do cuadríceps da súa perna esquerda. Deste xeito só puido disputar 10 encontros, nos que marcou 2 goles.

Cesión ao Deportivo Para a tempada 2019/20 foi cedido ao Deportivo da Coruña, por unha campaña con opción de compra. Foi presentado en Abegondo uns días máis tarde. No club galego recuperou protagonismo, sendo habitual nas aliñacións dos tres técnicos que pasaron polo banco ao longo da tempada (Anquela, Luis César e Fernando Vázquez), e disputou un total de 23 encontros, 17 deles como titular. Con todo, marcou só catro goles en liga e un na Copa do Rei, sen poder evitar o descenso do equipo á Segunda B despois de catro décadas.

Eupen O 12 de agosto de 2020 foi traspasado ó Eupen belga, no que xa xogara como cedido dous anos atrás.Mamadou Koné, traspasado al K.A.S. Eupen belga Militou durante os seguintes dous anos no conxunto da provincia de Liexa, sen ter moito protagonismo. Disputou un total de 23 partidos, a gran maioría deles saíndo dende o banco de suplentes, e marcou un só gol na Copa de Bélxica.

Deinze En xuño de 2022 fichou polo KMSK Deinze, da Challenger Pro League, segunda categoría belga. Disputou 19 partidos e marcou 3 goles ata decembro de 2024, momento no que o club se declarou en bancarrota e acabou por se disolver despois de 98 anos de vida.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de Copa Federación, play-offs da Jupiler League e da Challenger Pro League, e promocións de ascenso a Primeira e Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesRayo Cantabria2010/11Terceira??--414+1+2011/12Terceira??--414+1+2012/13Segunda B41--1051Total club4+1+009213+3+Racing de Santander2011/12Primeira6000--602012/13Segunda36520--3852013/14Segunda B3018744041222014/15Segunda15700--157Total club8730944010034Oviedo2015/16Segunda34511--356Leganés2016/17Primeira5000--502017/18Primeira0020--20Total club50200070Eupen2017/18Jupiler Pro830072155Málaga2018/19Segunda821010102Deportivo da Coruña2019/20Segunda22411--235Eupen2020/21Jupiler Pro14021--1612021/22Jupiler Pro6010--70Total club2833172386Deinze2022/23Challenger Pro511031912023/24Challenger Pro81--00802024/25Challenger Pro20----20Total club1521031193Total carreira203+47+187245245+59+

Palmarés Racing de Santander Segunda División B (1): 2013/14.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Costa do Marfil Categoría:Futbolistas de Costa do Marfil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Santander B Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do KAS Eupen Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña