Edward Wadie Said (en |wædiːʕ sæʕiːd|, Idwārd Wadīʿ Saʿīd), nado en Xerusalén o 1 de novembro de 1935 e finado en Nova York o 24 de setembro de 2009, foi un profesor de literatura na Universidade de Columbia, intelectual e fundador do campo dos estudos poscolonialistas.Robert Young, White Mythologies: Writing History and the West, Nova York e Londres: Routledge, 1990. Palestino-estadounidense nado no Mandato británico de Palestina, era cidadán estadounidense a través do seu pai, veterano do exército estadounidense.
Traxectoria Said foi educado no canon occidental, en escolas británicas e estadounidenses, e aplicou a súa educación e perspectiva bicultural para iluminar os espazos de entendemento cultural e político entre o mundo occidental e o mundo oriental, especialmente sobre o conflito israelí-palestino no próximo oriente. As súas principais influencias foron Antonio Gramsci, Frantz Fanon, Aimé Césaire, Michel Foucault e Theodor Adorno.
Como crítico cultural, é coñecido polo seu libro Orientalism (1978), crítica das representacións culturais que son a base do orientalismo, como o mundo occidental percibe Oriente. O modelo de Said da análise textual transformou o discurso académico dos investigadores na teoría literaria, a crítica literaria e os estudos do próximo oriente, como os estudosos examinan, describen e definen as culturas que están a ser estudadas.Stephen Howe, "Dangerous mind?" , New Humanist, Vol. 123, novembro/decembro de 2008."Between Worlds", Reflections on Exile, and Other Essays (2002) páx. 561, 565. Como texto fundacional, Orientalism foi controvertido entre os investigadores dos estudos orientais, a filosofía e a literatura.
Como intelectual, Said foi un membro controvertido do Consello Nacional Palestino, porque criticou publicamente a Israel e os países árabes, especialmente a política e a política cultural dos réximes musulmáns que actuaron contra os intereses nacionais dos seus pobos.Andrew N. Rubin, "Edward W. Said", Arab Studies Quarterly, outono de 2004: páx. 1. Consultado o 5 de xaneiro de 2010. Said avogou polo establecemento dun estado palestino para asegurar as políticas de igualdade e os dereitos humanos dos palestinos en Israel, incluído o dereito de retorno á súa patria. Definiu a relación oposta ao status quo como a xurisdición do intelectual público, que ten que "peneirar, xulgar, criticar, escoller, para que a escolla e a axencia volva ao individuo".
En 1999, co seu amigo Daniel Barenboim, cofundou a West–Eastern Divan Orchestra, con sede en Sevilla, que comprende músicos novos israelís, palestinos e árabes. Ademais de estudoso, Said era tamén pianista, e coescribiu o libro Parallels and Paradoxes: Explorations in Music and Society (2002), compilación das súas conversas sobre a música.Democracy Now!, "Edward Saïd Archive" , DemocracyNow.org, 2003. Consultado o 4 de xaneiro de 2010.
Said faleceu de leucemia o 24 de setembro de 2003.
Honores e premios Ademais de honras e pertenzas a institucións e organizacións de prestixio de todo o mundo, Said recibiu uns vinte graos universitarios de honra no transcurso da súa vida profesional como académico, crítico e home de letras.The English Pen World Atlas, "Edward Said" , consultado o 3 de xaneiro de 2010. Entre os premios que lle foron concedidos está o premio Bowdoin da Universidade Harvard. Recibiu o Lionel Trilling Book Award en dúas ocasións, o premio Wellek da American Comparative Literature Association e o primeiro Spinoza Lens Prize.Spinozalens, Internationale Spinozaprijs Laureates , consultado o 3 de xaneiro de 2010. En 2001, Said recibiu o Lannan Literary Award e en 2002, o Premio Príncipe de Asturias da Concordia. Foi o primeiro cidadán estadounidense que recibiu o premio Al Owais (por investigacións culturais e científicas, 1996–1997).Columbia University Press, "About the Author", Humanism and Democratic Criticism, 2004. A súa autobiografía Out of Place (1999) recibiu tres premios, New Yorker Book Award para non ficción (1999), o Anisfield-Wolf Book Award para non ficción (2000) e o Morton Dauwen Zabel Award de literatura.The English Pen World Atlas, Edward Said , consultado o 3 de xaneiro de 2010.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas The Edward Said Archive Review of Reflections on Exile and Other Essays and Edward Said: The Last Interview, in Other Voices, vol. 3, no. 1.
Categoría:Nados en Xerusalén Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Filósofos dos Estados Unidos de América Categoría:Ensaístas Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores de Palestina Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Profesores da Universidade de Columbia Categoría:Premios Princesa de Asturias da Concordia Categoría:Finados por leucemia