Jaime Manzur Londoño, nado en Guinea Ecuatorial no ano 1937 e finado en Bogotá o 10 de novembro de 2019, foi un director de teatro, actor e monicrequista colombiano cunha traxectoria de preto de 60 anos.

Traxectoria Manzur naceu en Guinea Ecuatorial en 1937 pero viviu dende cativo na cidade de Armenia, no departamento do Quindío, Colombia.Comezou a interesarse polo folclore e o teatro na cidade de Medellín, logo de inscribirse no Ballet Nacional desa cidade. Inicialmente traballou como bailarín, mais co paso do tempo empezou a salientar noutras artes como a dirección escénica, a pintura, a actuación e a elaboración de monicreques, chegando a crear arredor de 700 deles ó longo da súa traxectoria artística.

Durante a súa carreira como director de teatro e actor, estivo ligado directamente a varias agrupacións folclóricas e teatrais como o Ballet Clásico de Armenia, a Compañía de Monicreques Jaime Manzur, o Ballet Clásico de Medellín, a Fundación Amigos da arte, a Agrupación Lírica de Armenia e a Fundación Jaime Manzur, coa que dende 1980 presentou unha diversidade de obras até os seus derradeiros anos de carreira.

Entre os seus recoñecementos salientan dúas bolsas da UNESCO para Investigación Escénica (1984 e 1986), a Medalla ó Mérito Artístico outorgada en 1992 pola Alcaldía de Bogotá e o Premio á Vida Artística entregado polo Goberno Nacional de Colombia en 1997. O seu irmán é o pintor David Manzur.

Pasamento Manzur finou o 11 de novembro de 2019 logo de sufrir un aneurisma cerebral durante unha presentación teatral no Teatro Colsubsidio da cidade de Bogotá. Foi trasladado de urxencia á clínica Marly, onde morreu. A súa fundación atopábase presentando a obra La Leyenda del Beso.

Notas

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Guinea Ecuatorial Categoría:Actores de Colombia