Aki Shimazaki, nada en 1954 en Gifu, no Xapón, é unha novelista e tradutora canadense. Mudouse ó Canadá no ano 1981, vivindo en Vancouver e Toronto. Vive en Montreal, onde ensina xaponés e dende 1991 publica as súas novelas en francés.

A súa segunda novela, Hamaguri, gañou o Premio Ringuet en 2000. A súa cuarta obra, Wasurenagusa, gañou o premio de literatura canadense xaponesa en 2002. A súa quinta obra, Hotaru, gañou o Premio do Gobernador Xeral de 2005 á mellor ficción en francés. Os seus libros foron traducidos ó inglés, ó xaponés, ó alemán, ó húngaro, ó italiano, ó ruso e ó galego.

Obras Primeiro ciclo : Le poids des secrets : Tsubaki, 1999 Hamaguri, 2000 Tsubame, 2001 Wasurenagusa, 2003 Hotaru, 2004 Segundo ciclo : Au cœur du Yamato : Mitsuba, 2006 Zakuro, 2008 Tonbo, 2010 Tsukushi, 2012 Yamabuki, 2013 Terceiro ciclo : L'ombre du chardon : Azami, 2014. Traducida ao galego (Rinoceronte Editora, 2022) Hôzuki, 2015 Suisen, 2016 Fuki-no-tô, 2017 Maïmaï, 2018 Cuarto ciclo Suzuran, 2019

Notas

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Escritores do Canadá Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en lingua xaponesa